Concello da Coruña

Concello da Coruña

Resis 2022

RESIS é un festival internacional de música contemporánea e artes vivas que establece na Coruña un punto de encontro para a difusión da creación e interpretación do noso tempo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

ata o 06/06/2022

Xa rematou

Documentos:

PROGRAMA-RESIS22.jpg (1 MB)

Un espazo de confluencia onde xerar novas vías de escoita, reflexión, debate e formación sobre as distintas linguaxes da creación de vangarda.

Desde RESIS desenvolvemos un proxecto que pon en valor as últimas creacións no campo da música contemporánea en lugares alternativos de representación que salientan o noso patrimonio arquitectónico. Desta unión nace unha correspondencia entre o son e o espazo que interactúa nunha contorna aberta e próxima co público.

PROGRAMACIÓN

21 DE ABRIL

  • 20:00 h (Fundación Luís Seoane): YOU ERASE YOURSELF [THE SELECTOR] | IGOR C. SILVA + ARXIS ENSEMBLE

23 DE ABRIL

  • 20:00 h (Igrexa das Capuchinas): GRAN TORSO IV | QUARTET GERHARD (concerto)

30 DE ABRIL

  • 12:30 h (Casa Museo Casares Quiroga): LES GRANDS FANTÔMES | LOUISE NARBONI + YOANN BOURGEOIS (proxección documental)

6 DE MAIO

  • 21:00 h (Fundación Luís Seoane): LIMEN | MARC VILANOVA (instalación sonora)

7 DE MAIO

  • 12:00 h (MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA [MUNCYT]): A PROXECCIÓN SONORA | PULSO ENSEMBLE (proxecto didáctico inclusivo)

8 DE MAIO

  • 12:00 h (MUSEO DE BELAS ARTES): COLD TRIP LAB.51 | Encontro + concerto

12 DE MAIO

  • 20:00 h (NORMAL - ESPAZO DE INTERVENCIÓN CULTURAL [UDC]): XENAKIS | A DIAGONAL E O RUÍDO | XOSÉ MANUEL CASABELLA + HUGO GÓMEZ-CHAO + NOÈ RODRIGO + PACO YÁÑEZ | Encontro

14 DE MAIO

  • 21:00 h (CASTELO DE SAN ANTÓN): PLÉÏADES. ARXIS ENSEMBLE | Concerto

21 DE MAIO

26 DE MAIO

  • (CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DA CORUÑA): MASTERCLASS DE CANTO con CORDULA BÜRGI

27 DE MAIO

  • PANEL DE LECTURA DE PARTITURAS | BEAT FURRER + ARXIS ENSEMBLE

28 DE MAIO

  • SOBRE O QUE NON SE VE | BEAT FURRER + CORDULA BÜRGI + PACO YÁÑEZ (mesa redonda)
  • 21:00 h (Igrexa de Santiago): AKUSMATA. CANTANDO ADMONT + ARXIS ENSEMBLE (concerto)

2 DE XUÑO

  • 20:00 h (TEATRO COLÓN): AKRATA. BANDA MUNICIPAL (encontro + concerto)

4 DE XUÑO

  • 20:00 h (TEATRO COLÓN): NATURA RENOVATUR. CAMERATA OSG (encontro + concerto)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión