Concello da Coruña

Concello da Coruña

RESIS: Camerata OSG

DE FESTIVAIS | RESIS: NATURA RENOVATUR

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/06/2022

Xa rematou

Horario:

20:00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Televenda:

Ataquilla.com

Por segundo ano consecutivo a Orquestra Sinfónica de Galicia participa dentro do Festival RESIS, este ano a través da Camerata OSG, dirixida por Wladimir Rosinskij, e que este ano presentará un concerto que inclúe un total de 3 estreas en España e unha estrea absoluta.

A Camerata sumarase tamén ás homenaxes desta edición de Iannis Xenakis, coa obra Aroura (1971), para orquestra de cordas: un mar embravecido de arcos, pizzicatos, glisandos e fragmentos de melodías que estalan en fortissimos ou desaparecen cara ao silencio.

A primeira obra do programa, obra que dá nome ao noso concerto, é Natura Renovatur (1967) do compositor italiano Giacinto Scelsi. A música de Scelsi estivo moi marcada pola tradición budista, e preséntase como unha concentración do discurso musical ao redor dunha nota e inflexións moi pequenas do son. A súa música, con todo, está cargada dun romanticismo que o converte nun dos compositores máis fascinantes de todo o século XX.

A obra Elexía e Baile (2022) é unha peza para orquestra de cordas, piano e cello do compositor Wladimir Rosinskij. Alterna unha primeira parte tráxica e lenta e unha segunda cun carácter fantástico e infernal baseada no «Baile do Morcego».

Nature Morte (1979 -1980) é unha obra para conxunto de cordas do compositor alemán Wolfgang Rihm, que este ano cumpre 70 anos e que é unha figura imprescindible da historia da música dos últimos anos. A súa obra Nature Morte, oscila entre a influencia de Xenakis e o minimalismo. Está composta a partir de diversos módulos que se repiten, cada un vinculado a un tipo de material sonoro e que, aos poucos, vaise deformando crecendo en intensidade e volvéndose máis violento.

DIRECTOR: WLADIMIR ROSINSKIJ.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes central Praza de Ourense: De luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente días de concerto desde dúas horas antes do inicio do mesma.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión