Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rocío Verdejo

Unha mostra de fotografías, vídeos e instalacións que indagan na memoria e os recordos coa muller e a natureza como protagonistas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/02/2019 ata o 29/03/2019

Xa rematou

Horario:

Horario: L/V de 10.00 h. a 14.00 h e de 17.30 h a 20.30 h. S de 12.00 h a 14.00 h

Enderezo:

Moret Art. Rúa Uruguay 1, Bj. 15004 A Coruña

Esta exposición, a primeira da artista granadina en Moret Art, nace do seu proxecto máis persoal chamado "A construción da miña memoria", no que Verdejo, ante a ausencia de recordos entre os 0 e os 18 anos, reflexiona sobre os temas máis impactantes dese período dos que lle gustaría ter algún recordo, que poderán incluso as persoas espectadoras a través dun microsite axudarlle a construír determinados recordos.

A raíz deste sorprendente proxecto xorde "Alegoría da memoria", no que Verdejo indaga na memoria pero sen esa parte autorreferencial anterior. Para a artista a memoria é unha muller ancestral conectada coa natureza que, como se dunha criatura fantástica da mitoloxía se tratase, habita na súa morada recibindo as experiencias que transformará en recordos. Deste xeito, nas súas fotografías aparece unha muller, con roupas cor nude rodeada de flores que simbolizan os recordos, situada nun austero espazo interior compoñendo escenas nas que establece paralelismos cos diferentes comportamentos da nosa memoria e, a través das posicións da protagonista, reflicte calidades dela tales como elasticidade, permeabilidade, intimidade, etc.

A fotografía de Rocío Verdejo, que se pode enmarcar dentro da fotografía escenificada contemporánea, destaca polas súas coidadas composicións mostrando unha realidade moi próxima á óptica do cinema chea de símbolos e referencias que interpelan as persoas espectadoras cuns xogos de luces moi sutís.

As súas fotografías narrativas convídannos a reflexionar sobre cuestións de gran carga emocional presentando unha estética sofisticada moi vinculada ao universo da moda e personaxes habitualmente femininas.

Ademais de fotografías na mostra tamén atopamos suxestivas instalacións e proxeccións, que dan conta da multidisciplinariedade e versatilidade da artista.

Rocío Verdejo (Granada, 1982) fórmase como fotógrafa na EFTI de Madrid e especialízase en moda e creación artística, aínda que xa contaba cunha formación previa en Comunicación Audiovisual en Málaga, ademais de participar en numerosos cursos e talleres con destacados fotógrafos como Alberto García-Alix. Na súa traxectoria destacan a adquisición de obra por parte da prestixiosa Fundación Mª Cristina Masaveu Peterson, do CAF (Centro Andaluz da Fotografía) así como a Bolsa Iniciarte á Produción de proxectos da Junta de Andalucía. A título individual expuxo en numerosos espazos da xeografía española e internacional, e a nivel colectivo participou en festivais como Pa-ta-ta, onde obtivo o premio do Festival, Incubarte 2012, PhotoEspaña ou Art Madrid dentro do programa One Project.

No caso de que non poidades compartir connosco este momento, estaremos encantados de mostrarvos a exposición ata o 29 de marzo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión