Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rock en Familia: I Love Rock and Roll

I LOVE ROCK AN ROLL é un espectáculo didáctico de 60 minutos de duración con música en directo. Nel repásase a historia do rock and roll e interprétanse algunhas das cancións máis populares do xénero.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

23/01/2022

Este evento xa rematou

Horario:

12:30 H

- Hora apertura de portas: 30 min antes da función

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

12:00 h

Pack familiar (4 entradas ao prezo de 3): 36,00 € (cada entrada sairía a 9,00 €)

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
  • En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
    • Usar máscara de forma obrigatoria
    • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
    • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.
    • Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
  • Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada
  • Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
  • RECOMÉNDASE:

    Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

    Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Dálle á Danza SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

O rock and roll forma parte da nosa cultura popular desde hai décadas, e debe tratarse como materia cultural educativa para as novas xeracións. Para nós, é importante que as nenas e nenos coñezan as orixes e o desenvolvemento dun estilo musical que forma parte da vida de varias xeracións e que, desde fai máis de sesenta anos, foise transformando constantemente ata os nosos días.

Pero o máis importante na historia do rock son as cancións. Por iso, en I LOVE ROCK AND ROLL contamos cunha banda de músicos de primeiro nivel que, caracterizada a imaxe e semellanza dalgúns dos artistas máis importantes do xénero, interpreta en directo algunhas das cancións máis representativas de cada época. Así, en I LOVE ROCK AND ROLL coñeceremos a historia da música rock facendo parada nas cancións de Elvis Presley, The Beatles, Led Zeppelin, AC/DC, Guns&Roses e Pearl Jam.

I LOVE ROCK AND ROLL é unha ocasión perfecta para dar a coñecer un xénero musical que forma xa parte das vidas de varias xeracións e que ten un indubidable lugar privilexiado na cultura popular.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Forum: unicamente días de proxección desde media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central Praza de Ourense: De luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión