Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Sala Fernando Rey - Saíndo da fábrica - maio 2021

13º Ciclo de cinema obreiro

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 06/05/2021 hasta el 29/05/2021

Ya ha finalizado

Horario:

* xoves e venres ás 20:00 h. Sábado ás 17.30 h e 20:00 h 

Pídese puntualidade, unha vez comenzada a proxección non se permitirá o acceso á sala. 

Dirección:

Cines Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Precio:

xoves, venres e sábado ás 20.00 h: 3,00 € ( carné xoven +65 anos ou persoas desempregadas, 2,00 €)

Sábado ás 17.30 h (sesión do espectador/a): prezo único 1,50 €

**É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e acceder á sala de cinema .

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal de sala, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade

O ano pasado celebraríase o décimo terceiro ciclo de cinema obreiro "Saíndo da Fábrica", pero por causa do Covid-19 e as restricións derivadas deste non o puidemos facer. Así que este ano de celebración do 150 aniversario da Comuna de París, retomamos o ciclo con máis forza que nunca, para seguir mostrando películas, onde os traballadores e traballadoras somos as protagonistas nun mundo cheo de explotación, opresión, inxustiza e desigualdade, pero tamén cheo de solidariedade e de loita.

Este ano comezamos coa película mexicana Nuevo Orden, onde a distopía cada vez se parece máis a realidade e onde o único camiño para as clases traballadoras é a revolución. Continuaremos con Los Hongos, filme colombiano onde a mocidade é protagonista da loita pola liberdade de expresión artística. En Nuestras derrotas atoparemos a reflexión da mocidade francesa, sobre conceptos como "loita de clases","sindicatos" ou "capitalismo". Continuamos o ciclo coa lembranza dunha figura histórica da loita obreira e popular na Galiza, Reboiras, acción e corazón, un mozo que loitou sen descanso e que deu a súa vida por unha Galiza Ceibe e sen explotación, e finalizaremos en Vilasantar onde centos de mulleres dunha fabrica de téxtil a comezos do século XX cambiaron por completo a vida social e económica da comarca, esta é a proposta que nos mostra Marina Chiavegatto no seu documental Tecido resistente, e onde teremos a honra de contar coa súa presenza.

Debater e charlar sobre os problemas dos traballadores e traballadoras foi sempre o sinal de identidade deste ciclo, por iso, aínda que teñamos que saír antes polo toque de queda e sexamos menos pola redución de aforo, continuaremos buscando solucións e compartindo as nosas experiencias cos debates dos venres, porque a nosa historia facémola nos.

Adolfo Naya (Coordinador do ciclo)

VENDA DE LOCALIDADES

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Venda telefónica: 662867109

Venda no despacho de billetes do Forum: media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades disponibls)

Venda no despacho de billetes central da Praza de Ourense: de luns a xoves de 10:00 a 14:00h e de 15:00 a 18:00h, e venres de 10:00 h a 15:00 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión