Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sala Fernando Rey - Saíndo da Fábrica - Mayo 2022

Cine en el mes del trabajor.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/05/2022 ata o 28/05/2022

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres ás 20.00 h

Sábados: 17.30 e 20.00 h 

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00€

Descontos carné novo, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00€

Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Estamos no tempo dunha guerra televisada, estamos no tempo dos ciberespias, estamos no tempo dunha subida de prezos comentada por "expertos" e que sempre padecen os mesmos, estamos nunha crise social, onde os desafiuzamentos, o desemprego, a precariedade, a explotación son unha realidade para a clase obreira, que coma sempre non interesa para os medios de comunicación.

Pero tamén estamos en maio e o ciclo de cinema obreiro "Saíndo da Fábrica", e xa van 14 anos, volta para seguir mostrando a realidade das traballadoras e traballadores que seguen a loitar dia a dia por unhas condicións de vida digna.

Este ano poderemos ver o filme indio, Machines, onde narra a realidade dos talleres de téxtil e as condicións de semiescravitude que viven as traballadoras e traballadores da India. Continuaremos coa película Overseas, onde poderemos ver a un sector invisible como as traballadoras do fogar, neste caso de mulleres Filipinas, que son preparadas alí, para logo ser exportadas como mercadoría barata, expostas a todo tipo de explotación e abuso.

Máis preto de nós, Cerca de tu casa, e unha película de ficción arriscada onde mostra a realidade do desemprego, os desafiuzamentos e as contradicións que se xeran, a modo de musical. Para rematar o ciclo deste ano, Hotel Explotación: Las Kellys, mostraranos a loita e as reivindicacións das traballadoras que limpan nos Hoteis como camareiras de piso.

Como cada ano, os venres teremos debate despois das películas, para seguir compartindo as nosas experiencias, realidades, alternativas e problemas da clase obreira. Porque a nosa historia facémola nós.

Adolfo Naya (Coordinador do Ciclo)

5, 6 y 7 de mayo 

Machines de Rahul Jain  

India, 2016 - 75 min 

Documental

12, 13 y 14 de mayo 

Overseas de Sung-a Yoon

Bélgica, 2019 - 90 min 

Documental

19, 20 y 21 de mayo

Cerca de tu casa Eduard Cortés

España, 2016 - 93 min - VO en castellano

Con: Sílvia Pérez Cruz y Oriol Vila

26, 27 y 28 de mayo

Hotel Explotación: Las Kellys de Georgina Cisquella

Documental

España, 2018 - 55 min VO en castellano

VENTA DE LOCALIDADES

  • Venta en línea: Ataquilla.com
  • Venta en la taquilla del Fórum únicamente días de proyección desde media hora antes (siempre que queden localidades disponibles)
  • Venta en la taquilla central Praza de Ourense: de lunes a viernes de 11: 00h a 15:00h y de 16:30 a 19:30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión