Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sala Fernando Rey - Novembro 2021 - Cinema e natureza

Ciclo de cinema e natureza para o mes de novembro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/11/2021 ata o 27/11/2021

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres: 20.00 h

Sábados: 17.30 e 20.00 h

* Excepto "Dersu Uzala", 4, 5 e 6 de novembro que se proxectará unicamente ás 20.00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión do/a espectador/a: sábado ás 17.30 h prezo único 1,50 euros

Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto. Realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.

· Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección deben facelo con entrada

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

4-5-6 novembro - Dersu Uzala (O cazador) de Akira Kurosawa

Unión Soviética - Ano 1975 - 144 min - VOS en castelán

Con: Maksim Munzuk e Yuriy Solomin

11-12-13 novembro - The cove de Louie Phsihoyos

Estados Unidos - Ano 2009 - 92 min - VOS en castelán

Documental

18-19-20 novembro - Demain (Mañá) de Mélanie Laurent, Cyril Dion

Francia - Ano 2015 - 118 min - VOS en castelán

Documental

25-26-27 novembro - Posidonia de Adán Aliaga

España - Ano 2021 - 93 min - VOS en castelán

Documental

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión