Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sala Marilyn Monroe - Outubro 2021 - Oriente

Ciclo de cinema oriental para o mes de outubro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/09/2021 ata o 30/10/2021

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres: 20.00 h

Sábados: 17.30 e 20.00 h

* Excepto "Ata sempre meu fillo", 21, 22 e 23 de outubro que se proxectará unicamente ás 20.00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00€

Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00€

Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na agarda, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelaría e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo/proxección debe facelo con entrada

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

30 de setembro, 1 e 2 de outubro

Domangchin yeoja (A muller que escapou) de Hong Sang-soo

Corea do Sur - Ano: 2020 - 77 min

7, 8 e 9 de outubro

Asa ga kuru (Nais verdadeiras) de Naomi Kawase

Xapón - Ano: 2020 - 139 min

14, 15 e 16 de outubro

Minari de Le Isaac Chung

Estados Unidos - Ano: 2020 - 115 min

21. 22 e 23 de outubro (ÚNICOS PASES 20.00 h)

Dei jiu tian (Ata sempre meu fillo) de Wang Xiaoshuai

Chinesa - Ano: 2019 - 180 min

28, 29 e 30 de outubro

Cheun gwong tsa sit (Happy together) de Wong Kar-wai

Hong Kong - Ano: 1997 - Duración: 96 min

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e os venres de 10.00 h a 15.00 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión