Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sarah Holland-Batt e Ledicia Costas,

A primeira poeta australiana en sete anos do noso ciclo, a carón de toda unha flamante Premio Nacional chegada de Vigo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/02/2016 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20:30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Contacto:

981189888

Documentos:

Dossier Poetas di(n) versos (1 MB)

Nada en Southport (Australia) en 1982, Sarah Holland-Batt é poeta, crítica e editora literaria. Medrou en Australia e nos EE.UU., e residiu tamén en Italia e no Xapón. Licenciada pola Universidade australiana de Queensland, conta cun Máster en Lingua Inglesa e con outro en Poesía pola Universidade de Nova York, este grazas á bolsa W.G. Walker Memorial Fulbright. Outras residencias que teñen impulsado a súa produción poética foron as das colonias Yaddo e MacDowell, a bolsa de viaxe Marten Bequest, e residencias como a de Asialink, Hawthornden e a do Consello de Australia en Roma.

O seu primeiro libro de poesía, Aria (2008), recibiu varios premios literarios como o Anne Elder, o Judit Wright de Poesía e o Thomas Shapcott, ademais de ser finalista aos galardóns New South Wales e Queensland Premier, e recomendado para “Libro poético do ano” por The Age.

No pasado ano publicouse o seu segundo poemario, The Hazards [Os riscos] (2015). Ademais, poemas seus viron a luz en numerosos xornais e revistas, incluíndo The New Yorker, Poetry, Slate, Agenda e moitas outras, e foron traducidos a linguas coma o holandés, español, sueco e indonesio.

Holland-Batt escribiu tamén relatos curtos que foron incluídos en The Best Australian Stories 2011 e 2012. Fixo parte do consello editorial de New Directions e de Atria Books, dúas editoriais neoiorquinas. Hoxe reside en Brisbane, onde traballa como profesora e coordinadora do Máster en Escrita Creativa da Universidade Tecnolóxica de Queensland, mentres exerce como editora de poesía para a revista Island.

Viguesa do 79, Ledicia Costas debutou no ano 1999 cunha novela escrita en plena adolescencia, Unha estrela no vento. Dende entón, transitou entre o relato, a poesía e a novela, quedando algo máis a un lado a súa carreira na avogacía. Defensora da difusión de literatura infantil e xuvenil galega, é unha das coordinadoras da Revista Criaturas, publicación dixital especializada neste xénero: www.criaturas.gal.

Como narradora ten publicadas as seguintes obras: O corazón de Xúpiter (2012), Recinto Gris (2014), Escarlatina, a cociñeira defunta (2014), Inmundicia e Roñoso (2015) e Un animal chamado néboa (2015). O primeiro deles levou os premios da Asociación Galega de Editores e mais da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega á mellor obra de literatura infantil e xuvenil, o segundo foi incluído na Lista de Obras recomendadas para persoas con discapacidades do Centro IBBY (International Board on Books for Young People) e o terceiro acadou o Premio Merlín de Literatura Infantil, o Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro do seu xénero, o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores, entrou na Lista de Honra do IBBY 2015-2016 e, ademais, mereceu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Por último, a súa obra inédita Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante, ven de ser galardoada co Premio Lazarillo, convocado pola OEPLI e o Ministerio de Educación.

 

Como poeta, ademais do poemario individual Xardín de inverno (2012), a súa obra está recollida nun bo número de revistas e publicacións colectivas, ademais de formar parte do colectivo “Poetas da Hostia” e participar nunha chea de recitais poéticos por toda Galicia.

 

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión