Concello da Coruña

Concello da Coruña

Segunda edición do Cinema Rabudo, a mostra galega de audiovisual inconformista

O Forum Metropolitano acollerá as proxeccións de 5 filmes, do 1 ao 3 de decembro, dentro do seu ciclo de cine Dereitos Humanos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/12/2022 ata o 03/12/2022

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde, ata completar a capacidade da sala.

Organiza:

A ONGD Agareso organiza esta cita, co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Coruña.

Contacto:

forum@coruna.es

O Cinema Rabudo naceu en 2021 co fin xerar un espazo de encontro para o audiovisual crítico e inconformista e incitar o debate e a reflexión sobre problemáticas sociais de actualidade. Este ano, continuamos coa segunda edición mantendo unha aposta forte por proxectar documentais sociais, pero de alta factura técnica. Feminismos, migracións e refuxio ou a situación do Sáhara occidental  son algúns dos temas que se tratan nas cinco pezas que se proxectarán entre o 1 e o 3 de decembro no Forum Metropolitano.

A Mostra, organizada por Agareso -Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social- ademais da proxección dos filmes, tamén contará coa participación presencial da maioría das autoras e autores das obras, con quen o público terá a oportunidade de charlar ao rematar as pezas.

O primeiro día da Mostra, xoves 1 de decembro, O Cinema Rabudo iniciará a súa andaina coa proxección de Limbo, la promesa olvidada. Un documental sobre o maior territorio do planeta aínda por descolonizar: o Sáhara Occidental.

O venres 2 proxectarase en Coruña o documental Nación, que retrata un grupo de ex-traballadoras da fábrica galega de louza Pontesa, que lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical.

A terceira e última xornada de proxeccións, sábado 3, ten dúas sesións. As 17:30h é a quenda das curtas documentais Las Desheredadas e Si ka badu, ka ta biradu. O primeiro aborda a problemática das temporeiras de orixe marroquino que chegan todos os anos a traballar nos campos de cultivo de Huelva, moitas veces baixo condicións de semi-escravitude. O segundo retrata o papel das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago, a ambos os dous lados da corrente migratoria.

Pechará a II Mostra Galega de Audiovisual Inconformista, o sábado 3 as 20:00 h, o documental El Retorno: la vida después del ISIS, a historia dun grupo de mulleres occidentais atrapadas polo seu pasado como membros do ISIS.  A súa partida encheu titulares de todo o mundo; agora, a súa loita polo retorno volveu a invadilos. Demonizadas polos medios de comunicación de todo o mundo, contan os súas desgarradoras historias por primeira vez neste documental de acceso único.

PROGRAMA 

  • Xoves 1 de decembro. 20:00 h.

Limbo, la promesa olvidada (España, 51'). Un documental sobre o maior territorio do planeta aínda por descolonizar: o Sáhara Occidental.

  • Venres 2 de decembro. 20:00 h

Nación (España, 92'). Un documental que retrata un grupo de ex-traballadoras da fábrica galega de louza Pontesa, que lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical.

  • Sábado 3 de decembro. 17:30 h.

Las Desheredadas (España, 19). Un documental que aborda a situación de miles de mulleres que chegan a España cada ano a traballar nos campos de cultivo de Huelva. Temporeiras de orixe marroquí contratadas baixo a Orde Gecco, a través do Goberno de España, que sofren constantes abusos laborais e sexuais.

Si ka badu, ka ta biradu (España, 55). Documental que retrata o papel das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago, a ambos os dous lados da corrente migratoria.

  • Sábado 3 de decembro. 20:00 h

El Retorno: la vida después del ISIS (España, 90'). Tras o seu aclamado documental Comandante Arian, Alba Sotorra regresa ao Kurdistán para seguir a un grupo de mulleres occidentais atrapadas polo seu pasado como membros do ISIS.  A súa partida encheu titulares de todo o mundo; agora, a súa loita polo retorno volveu a invadilos. Demonizadas polos medios de comunicación de todo o mundo, contan os seus desgarradoras historias por primeira vez neste documental de acceso único.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión