Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sen Numerar Outono 2021

O Ciclo Sen Numerar presenta, un ano máis, a súa programación para o outono de 2021.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/08/2021 ata o 03/12/2021

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)

* Para aplicar os descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada no despacho de billetes e de acceder ao espazo no que terá lugar a función.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.gal

  • THE WITCH, UN ESPECTÁCULO RITUAL

Compañía Diana Sieira

Venres 8 de outubro - 20.30 h

Duración: 70 min

Espectáculo en galego

*Espectáculo incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios

  • DOCE UVAS, DÚAS MULLERES E UNHA OLIVA

Compañía Olivas Negras

Venres 22 de outubro de 2021 - 20.30 h

Duración 80 min

Espectáculo en galego

*Espectáculo incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios

  • LIBRE COMO OS PAXAROS

Teatro do Atlántico

Venres 12 de novembro - 20.30 h

Duración: 60 min

Espectáculo en galego

*Espectáculo incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios

  • TRES VELLAS (POLO MENOS)

Compañía: Producións Teatráis Excéntricas SL

Venres 19 de novembro de 2021 - 20.30 h

Duración 110 min

Espectáculo en galego

  • CONEXIÓN PINGÜÍN

Culturactiva

Venres 10 de decembro de 2021 - 20.30 h

Duración 70 min

Espectáculo en galego

*Espectáculo incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios

  • QUERELLA DE LOPE Y LAS MUJERES

Calema Producciones

Venres 3 de decembro de 2021 - 20.30 h

Duración 60 min

Espectáculo en castelán

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a xoves de 10:00 h a 14:00 h e de 15:00 h a 18:00 h / venres de 10:00 h a 15:00 h

Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Venda en liña: www.ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión