Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sen Numerar Outono 2022 - Technocracia

Espectáculo da compañía Funboa Teatro. Teatro contemporáneo. Espectáculo participativo de música tecno e baile

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/09/2022

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 9,00 €

Carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €

* Toda persoa que acceda ao auditorio no que terá lugar a función debe facelo con entrada.

** Para a aplicación do desconto é necesario mostrar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.es

Bailar é un acto de #resistencia

Technocracia aborda a festa como acto de comuñón, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional, e tamén como unha metodoloxía de creación a partir do corpo en movemento e a masa, onde expandir a nosa experiencia escénica ao incluír ao público como parte esencial da peza a través das accións que se xeren. Trátase de deixar de crear ficcións para deixarnos crear polos feitos tentando preservar a nosa calor interna, a nosa frescura e bondade humana contra a tiranía da orde

Intérpretes: Cristina Balboa, Félix Fernández e Elvi Balboa

Autoría: Cristina Balboa, Félix Fernández e Manuel Parra

Dirección: Cristina Balboa

Espectáculo en galego

*Polas súas especiais características a capacidade será reducida e sen butacas.

Venda de entradas

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Fórum: días de función desde unha hora antes (só se quedan localidades)

Venda en lña: ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión