Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sen Numerar Primavera 2021: 32m2 (LOCALIDADES ESGOTADAS)

32m2 de ButacaZero é unha comedia negra -poética e absurda- sobre o confinamento que vivimos este ano, e que se estreará no 2021 como aniversario do inicio do estado de alarma (14 de marzo de 2020)

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/05/2021

Xa rematou

Estado do evento:

Entradas esgotadas

Horario:

20.30 horas

Duración:

80 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)

* Para a aplicación dos descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.es

A poética da peza, e a dun humor tan absurdo como popular, xerando pensamento sobre as normas e normativas e a nosa dificultade para o cambio e o novo concepto de liberdade alcanzado neste mundo de HiperMiedo. A idea do proxecto ten que ver tamén cunha reflexión ao rededor dos nosos proxectos e modos de produción, tentando reverter as dinámicas que nos fan máis precarias, menos efectivas e tamén máis pobres creativamente.

Xan e Mar quedan confinados no seu pequeno apartamento por culpa dun virus. Estan atopando entre crise e crise cosas boas e fermosas: a felicidade das pequenas cousas que non adoita aparecen o a antiga normalidade.

O caso é que pouco a pcoo imos vendo como esta felicidade esconde moita merda debaixo das alfombras. Unha merda que, como o virus, comeza a expandirse. Non hai traballo, e sen o non hai diñeiro, sen diñeiro non hai comida, nin cervexa nin papel hixiénico. Por se fose pouco as veciñas cortaron o internet. E entón, soa o teléfono. O de sempre, o de antes, o antigo. o que xa ninguén se acordaba de ter. Como a bicicleta estática, como a vella normalidade. E todo cambia.

Compañía: ButacaZero

Idioma: galego

Intérpretes: Xurxo Cortázar e Nuria Montero

Autoría: Esther F.Carrodeguas

Dirección: Xavier Castiñeira e Esther F.Carrodeguas

Adaptación- Escenografía: Beatriz de Veiga

Deseño de son e música: Rodrigo Cuevas

Deseño iluminación: Beatriz de Veiga

Coreografía: Alba Branco

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña corunacultura.sacatuentrada.es
  • Venda telefónica: 662 867 109
  • Venda non despacho de billetes do Fórum Metropolitano: unicamente días de espectáculo desde unha hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda non despacho central dá Praza de Ourense: de luns a xoves de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a a18:00h e venres de 10:00h a 15:00h (agás festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión