SALVADOR é un proxecto escénico da Cía. Borja Fernández para un actor/músico (Borja Fernández) e unha vídeo jockey/manipuladora de obxectos (Laura Iturralde), sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros.
Para público en xeral
28/05/2021
Xa rematou
20.30 horas
60 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 € (carné novo, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)
* Para a aplicación dos descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo
Será de OBRIGADO cumprimento
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal de sala, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.
RECOMÉNDASE
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forum@coruna.es
SALVADOR é o nome da capital de Bahía, en Brasil. Por alí e por todo o estado emigraron moitísimos galegos nos anos 50 (o último éxodo galego a América), sobre todo do sur de Galicia, a maioría deles homes e de cinco aldeas da provincia de Ourense: Ríos, Laza, Pazos, Medeiros e Refogos.
De Pazos, Verín, era Benito Fernández Meiriño, o avó paterno de Borja Fernández; emigrou a Brasil o 5 de decembro de 1959 e desapareceu, ou fíxose desaparecer. Atopárono 18 anos despois, xunto a "miss garota do verão sulbahiano 1977" na localidade costeira de Ilhéus, 400 km ao sur de Salvador de Bahía.
Benito demorou 10 anos en escribir dúas cartas, en 1987, unha pedindo perdón pola súa fuxida, e outra dicindo que na seguinte carta explicaría "la verdad cruda y desnuda de los hechos que me llevaron a dejarlos". Esa carta nunca chegou e Benito faleceu en 2004; nunca regresou. El é o noso protagonista. O que pon a historia en movemento. O detonante.
Compañía: Borja Fernández
Idioma: galego
Idea orixinal e creación: Borja Fernández
Dirección: Borja Fernández e Uxía P. Vaello
Textos: Manuel Cortés e Borja Fernández
Deseño de iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde
Apoios en residencia: A Berberecheira (grupo Chévere), Centro dramático Galego, Espaço Luna Lunera, Iberescena e Teatro Ensalle.
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible