Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Sen Numerar Primavera 2021: Salvador

SALVADOR é un proxecto escénico da Cía. Borja Fernández para un actor/músico (Borja Fernández) e unha vídeo jockey/manipuladora de obxectos (Laura Iturralde), sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

28/05/2021

Ya ha finalizado

Horario:

20.30 horas

Duración:

60 min

Dirección:

Auditorio del Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Precio:

9,00 € (carné novo, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)

* Para a aplicación dos descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo

Teletaquilla:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal de sala, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.es

SALVADOR é o nome da capital de Bahía, en Brasil. Por alí e por todo o estado emigraron moitísimos galegos nos anos 50 (o último éxodo galego a América), sobre todo do sur de Galicia, a maioría deles homes e de cinco aldeas da provincia de Ourense: Ríos, Laza, Pazos, Medeiros e Refogos.

De Pazos, Verín, era Benito Fernández Meiriño, o avó paterno de Borja Fernández; emigrou a Brasil o 5 de decembro de 1959 e desapareceu, ou fíxose desaparecer. Atopárono 18 anos despois, xunto a "miss garota do verão sulbahiano 1977" na localidade costeira de Ilhéus, 400 km ao sur de Salvador de Bahía.

 Benito demorou 10 anos en escribir dúas cartas, en 1987, unha pedindo perdón pola súa fuxida, e outra dicindo que na seguinte carta explicaría "la verdad cruda y desnuda de los hechos que me llevaron a dejarlos". Esa carta nunca chegou e Benito faleceu en 2004; nunca regresou. El é o noso protagonista. O que pon a historia en movemento. O detonante.

Compañía: Borja Fernández

Idioma: galego 

Idea orixinal e creación: Borja Fernández

Dirección: Borja Fernández e Uxía P. Vaello

Textos: Manuel Cortés e Borja Fernández

Deseño de iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde

Apoios en residencia: A Berberecheira (grupo Chévere), Centro dramático Galego, Espaço Luna Lunera, Iberescena e Teatro Ensalle.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es
  • Venda telefónica: 662867109
  • Venda no despacho de billetes do Fórum Metropolitano: únicamente días de espectáculo desde 1 hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central Praza de Ourense: de luns a xoves de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a 18:00h e os venres de 10:00h a 15:00h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión