Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sen Numerar Primavera 2022: A parábola do angazo / Talía Teatro

Un mozo dunha aldea galega emigrou a Castela e aos poucos meses regresou á súa terra. E nese breve tempo ocorrera algo abraiante: o mozo esquecera a fala da súa xente, a lingua que falara toda a vida.

A quen vai dirixido?:

Recomendada para público xuvenil, a partir de 16 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/05/2022

Xa rematou

Horario:

20:30 h

Pídese puntualidade, unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Duración:

70 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €; descontos (carné xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €

  • Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada
  • Para acceder aos descontos é imprescindible presentar o documento que acredite ser beneficiario/a del.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

De volta na casa non facía máis que preguntar:

- Pai, como se chama isto?

Partindo dunha coñecida lenda que xa recollía o Padre Sarmiento no século XVII, os dous intérpretes, a través dun dialogo fluído e cargado de humor, farán unha viaxe polas anécdotas máis significativas da historia da nosa lingua, enlazando episodios do noso pasado para explicar o que sucede no noso presente e demostrando que a lingua resistiu e resiste todas as situacións adversas.

No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan tranquilas que non din nada, e algunhas tan afiadas que parece que pican ao falar. E entre todas elas está a nosa, a galega.

Coa Parábola do angazo queremos sacar a lingua a pasear. Ímoslle botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mirar de esguello o que haberá no futuro. Así, rindo a eito, poderemos tirar da nosa lingua para sacala fóra e demostrar que aínda ten moito que dicir.

Seguindo a liña iniciada por Bicos con lingua e Pelos na lingua enfrontaremos unha montaxe áxil e versátil, onde o humor é parte fundamental da engrenaxe do espectáculo.

Intérpretes: Artur Trillo e Toño Casais

Autor: Creación colectiva

Dirección: Diego Rey

Escenografía e deseño de iluminación: Dani Trillo

Son: Diego Rey

Vestiario: Martina Cambeiro

Idioma: galego

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente os días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión