Unha versión coral de Libro de Bo Amor, onde os personaxes femeninosson contundentes nos seus desexos, reivindicando a súa liberdade de acción, sexual e intelectual.
Recomendada para público xuvenil, a partir de 16 anos.
Para público en xeral
04/02/2022
Xa rematou
20.30 h
Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
90-100 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 €; descontos (carné Xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €
* Para acceder aos descontos é imprescindible presentar o documento que acredite ser beneficiario do mesmo.
Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.
Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
En todo momento, tanto na agarda, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
· Usar máscara de forma obrigatoria
· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda deagarda etc.
· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo/proxección debe facelo con entrada
- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forum@coruna.gal
Agustín Igrexas crea unha estrutura dramática para unha desorde festiva.
Unha mirada contemporánea na que palabra e xesto constrúen as atmosferas cómico-populares dunha das xoias da literatura medieval europea
Formular a "Comparsa do arcipreste" como protagonista e motor do espectáculo foi fundamental para atopar as claves escénicas e interpretativas. Teatro Guirigai crea un espectáculo divertido, de intensa comicidade erótica, onde os personaxes femininos son contundentes nolos seus desexos, reivindicando a súa liberdade de acción, sexual e intelectual. Os seus protagonistas: Juliana, Aziza, Dalia e Fernando, encabezados polo arcipreste, son amantes da boa vida, a boa mesa, o bo amor. Percorren os camiños da península, buscando as súas festas e romarías, despregando o seu oficio de xograres, para integrarse nelas. Interpretan as andanzas xuvenís do arcipreste; as fantasías vitais de don Carnal e dona Coresma ou os amoríos secretos do convento. Ten repertorio e oficio, moito oficio. Son vividores e libres. Cinco personaxes unidos pola necesidade e o desexo de compartir arte e sabedoría.
Chega a Comparsa do arcipreste celebrando a procesión da Virxe e a fertilidade da terra. Xograresas e xograres anuncian os praceres do bo amor e o bo humor tan necesarios para as artes da sedución. Ante o público escenifican a mocidade inexperta do arcipreste namorado de cristiás, mouras e xudías; os alegres consellos de don Amor e dona Venus; as historias dos amantes perezosos; a historia de Galiñas Payas; os amores de don Melón e dona Endrina; a astucia de Trotaconventos; o combate entre don Carnal e dona Coresma... A Comparsa despídese ata a romaría seguinte celebrando a Morte Alegre de Trotaconventos.
Intérpretes: Raúl Rodriguez, Magda García- areal,
Jesús penas, Nuria Ayuso e Asunción Sanz
Dirección e adpatación: Agustín Igrexas.
Música orixinasl: Fernando Ortiz Escenografía: Marcelino de Santiago ( Kukas)
Vestiario: Luisa Santos e Isabel Trindade Galán
Coreografía: Fernando Sanz Romualdo
Idioma: Castelán
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible