Concello da Coruña

Concello da Coruña

Shock II (la tormenta y la guerra)

XA Á VENDA

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/11/2021

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

150 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

25'00, 20'00, 15'00, 10'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

De Albert Boronat y Andrés Lima

Shock 2 está a ser creada baixo outro gran shock: o impacto do coronavirus, e aínda estamos desorientados, presos do medo e da incertidume, isto fainos enormemente vulnerables. Da nosa reflexión conxunta, da nosa coraxe para enfrontarnos a esta enfermidade, do noso sentido da fraternidade é de onde poderemos sacar a forza e a intelixencia para saír desta gran crise coa esperanza de ser mellores. Pero de todo gran shock pódese sacar proveito en detrimento doutros, o poder do diñeiro sábeo, as grandes corporacións de todo o mundo sábeno e será estraño pensar que non aproveitarán a oportunidade para facelo. Diso trata esta montaxe, da nosa historia recente e de como o neoliberalismo soubo avanzar como unha apisoadora ata o día de hoxe (Naomi Klein e o seu libro La doctrina del shock son a nosa inspiración). Shock 2 empeza onde acabou Shock 1 (El Cóndor y el Puma), que iniciaba co auxe da doutrina monetarista de Milton Friedman e as súas Chicago Boys (Universidade de Chicago), e que continúa avanzando a través da 2ª metade do século XX. Os primeiros experimentos do shock económico e militar son o golpe de estado de Pinochet en Chile seguido da Operación Cóndor en gran parte de América Latina, maridando economías neoliberais con réximes ditatoriais impostos pola violencia e a violación dos dereitos humanos. Shock 2 comeza nos anos 80, coa revolución conservadora capitaneada en Europa por Margaret Thatcher e en EEUU por Ronald Reagan e culmina no primeiro gran shock do século XXI: a guerra de Iraq, guerra na que fomos partícipes. Porque diso trata Shock, de reflexionar sobre en que medida somos partícipes da nosa historia, dos nosos shocks, dos nosos golpes, da nosa violencia.

Andrés Lima

Reparto: Antonio Durán "Morris", Alba Flores, Natalia Hernández, María Morales, Paco Ochoa, Guillermo Toledo, Juan Vinuesa

Texto: Albert Boronat, Juan Cavestany, Andrés Lima e Juan Mayorga, (baseado en feitos reais e textos de Olga Rodríguez e Alba Sotorra) 

Dirección: Andrés Lima

Produción Centro Dramático Nacional en colaboración con Checking Producciones                                                                            

Venda de entradas

Despacho de billtes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 h​ e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h

Venda en liña: http://ataquilla.com/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión