Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tartufo

Unha produción do Centro Dramático Galego

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 29/10/2016 ata o 30/10/2016

Este evento xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

De Molière.

Tanto Orgón, membro da alta burguesía parisiense, como a súa nai, Madame Pernelle, encóntranse baixo a influencia de Tartufo, un falso devoto que se erixe no seu director espiritual e que persegue, en realidade, quedar con todos os bens do seu protector. Ao mesmo tempo, este impostor trata de casar con Mariana, a filla de Orgón, mentres seduce a súa segunda muller, Elmira. A trama vaise complicando progresivamente coas intervencións de Damis (fillo de Orgón), Cleanto (irmán de Elmira) e Valerio (amante de Mariana), que son puntualmente comentadas desde o acedo punto de vista da criada Dorina.

Esta comedia de enredos, aparentemente lixeira, non só cumpre a función propia do seu xénero: divertir os espectadores, senón que posibilita unha segunda lectura sobre o que pode chegar a suceder cando un farsante se interpón entre o poder e quen o posúe co obxectivo de satisfacer os seus intereses persoais. Fálanos do alcance das aparencias, da cegueira que provoca non querer ver e das visións que substitúen a realidade.

Tartufo fálanos do perigo que corremos nós e a nosa xente cando confundimos a hipocrisía coa honestidade e a honestidade coa hipocrisía.

Con Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Saá, Patricia Torres.

Dirección: Carles Alfaro.

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Venda telefónica: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión