Concello da Coruña

Concello da Coruña

Teatro na casa con "TE VEO"

Estimadas amigas e amigos: en primeiro lugar desexamos de todo corazón que esteades todas e todos ben de saúde e que soportedes a actual situación o mellor posible.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/04/2020 ata o 30/04/2020

Xa rematou

QUEREMOS COMPARTIR CONVOSCO:

Que desde que comezou o estado de emerxencia no noso país, Te Veo non paramos nin un momento, desde a casa, iso si, pero as circunstancias requirían que esta asociación estivese máis activa ca nunca.

Xunto con máis de 20 asociacións de todo o estado, participamos nunha mesa de traballo elaborando medidas extraordinarias para afrontar as consecuencias da crise sanitaria provocada polo COVID-19 no sector das artes escénicas e a música. Foi un traballo intenso e complexo, pero cremos que moi eficiente e necesario. Agora, por suposto, quédanos seguir traballando para que estas medidas se leven a cabo e cando todos poidamos saír das nosas casas e retomemos as nosas vidas, poidamos seguir gozando do teatro, a danza, o circo, a música...

Para que estas medidas teñan a maior forza posible creouse un FORMULARIO DE ADHESIÓN para que quen o desexe poida asinalo apoiando as súas 52 medidas. Pedímosvos que se o considerades oportuno o asinedes e difundades. Máis firmas significarán máis apoio, e sobre todo máis forza, para que estas medidas poidan chegar a todas as institucións competentes.

Somos conscientes de que nada será igual, de que haberá un antes e un despois, pero tamén de que as artes serán un piar necesario para axudar a sandar os danos emocionais que esta crise está xa provocando na poboación e que son inevitables. As nenas e os nenos vannos a necesitar máis ca nunca, e aí queremos estar, como sempre estivemos.

Xa que non podemos subir ao escenario, por razóns obvias, desde Te Veo puxemos en marcha unha iniciativa para que todas as nenas e os nenos que están nas súas casas teñan acceso ao teatro.

Imaxinades que durante meses as nosas nenas e nenos non puidesen ver os seus familiares nas pantallas dos seus teléfonos móbiles por videochamada? Antes da tecnoloxía tirabamos de recordos, de fotos... agora é máis fácil manter viva unha relación por medio da tecnoloxía. Sabemos que non é igual, que non é o mesmo poder abrazarnos e tocarnos, que vernos nunha pantalla, pero agora a situación obríganos. Tamén cremos que manter vivo o vínculo coas artes escénicas é importante para non volvernos invisibles durante este tempo, para estar presentes, mentres isto dure, coa esperanza de poder abrazarnos, de poder sentirnos, de poder subir ao escenario e que o público volva sentir a emoción dun espectáculo en vivo.

Para manter ese vínculo con vida, na nosa páxina web www.te-veo.org creamos un apartado onde se poden ver espectáculos e iniciativas que os nosos socios quixeron compartir: http://te-veo.org/wordpress/yo-quedo--en-casa/ . Convidámosvos a entrar e gozar do teatro desde a casa mentres isto dure e coa esperanza de que pronto poidades/poidamos volver gozalo en vivo e en directo, como debe ser.

Enviámosvos un caloroso abrazo, moito ánimo e moita forza!!!

ASOCIACIÓN TE VEO

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión