Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público Outono 2016

Artes escénicas para todas as idades.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

Dende o 15/10/2016 ata o 17/12/2016

Xa rematou

Horario:

18.30 h Rógase puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permite a entrada na sala.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6'00 € (abono 3 familiar: 15'00 €) (o abono inclúe como mínimo un adulto e un menor) menores de 3 anos 2'00 €.

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Documentos:

PROGRAMACIÓN TODO PÚBLICO (269 KB)

Programamos teatro porque as nenas e os nenos son persoas con dereito ao presente. Xa terán tempo, si, pero para outras cousas, e, en calquera caso, para vivilas dunha maneira moi diferene. Da mesma maneira que non se educa unicamente para a vida adulta, senón sobre todo para unha infancia feliz, os nenos non son só o público de mañá, hoxe xa son o noso público.

Facemos unha programación de artes escénicas para o público máis novo coa finalidade de:

  • Enriquecer as súas experiencias para favorecer o desenvolvemento de sensibilidades
  • Crear hábitos culturais que ao non satisfacer necesidades naturais esixen o descubrimento e o desenvolvemento da vontade
  • Ofrecer recursos para a formación, na medida en que se acheguen elementos formativos para a infancia aínda que non se busca o didactismo
  • Favorecer o desenvolvemento de hábitos de convivencia porque a asistencia a unha representación teatral supón un acto social

A traxectoria que seguimos, compromenténdonos con espectáculos que acheguen visións temáticas e postas en escena, que tanto son dirixidas ás primeiras idades, como aquelas que se ofrecen aos adolescentes, permitan a posibilidade de reflexionar, de abrir os ollos a realidades ou ficcións que non propoñan unha mensaxe cerrada cunha única lectura, que nos aproximen a problemáticas próximas aos intereses reais da infancia e da adolescencia.

As obras seleccionadas para ambos os ciclos son un reflexo da boa saúde do teatro para a infancia.

A oferta deste segundo semestre, composta por 7 espectáculos, ofrece, polo menos, unha proposta mensual.

15 de outubro: Zaquizamí (Cía. Roberto G. Alonso - Cataluña)

22 de outubro: Las maravillosas aventuras de Ulises (Candido Produciones Teatrales - Zamora)

5 de novembro: O poder de Amabel (Pérez & Fernández - Galicia)

20 de novembro: Lunaticus circus (Teatro Paraiso - País Vasco)

26 de novembro: Amour (Marie de Jongh - País Vasco), esta representación será no Centro Ágora.

3 de decembro: Tripula (Os Farrés - Cataluña)

17 de decembro: Jim e a illa do tesouro (Eme2 - Galicia)

 

Todos os espectáculos comezarán ás 18.30 h

 

VENDA DE LOCALIDADES:

Despacho da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Venda telefónica: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión