Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público outono 2021. Rosa Caramelo

Titiritrán formula un fermoso espectáculo entre as técnicas do teatro de sombras tradicional e a linguaxe propia da animación cinematográfica.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

16/10/2021

Xa rematou

Horario:

18.30 h

* Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6,00 €

(Abono 3, 3 entradas para a mesma función: 15,00 €) (menores de 3 anos: 2,00 €)

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Rosa Carmelo conta a historia de Margarita, a pequena elefanta: na manda todas as elefantas son de cor rosa, menos Margarita que axiña descubrirá que as do seu sexo teñen prohibido facer cousas reservadas aos machos. Ao non aceptar esa tradición, Margarita mostraralles ás súas compañeiras que a igualdade non é unha utopía.

O conto formula cuestións como o culto á imaxe, a crítica a unha sociedade que predestina o futuro dos seus individuos e que os clasifica en función do seu xénero. Pero, sobre todo, é un canto á liberdade e á igualdade.

De novo, Titiritrán cuestiona, coa posta en escena deste relato teatralizado, os estereotipos sexistas e a discriminación, para cambiar mentalidades e axudar a construír un mundo mellor.

Intérpretes: Pedro A. López e Maruja Gutiérrez

Chelista: Álvaro Peregrina

Autora do conto: Adela Turín

Adaptación e dirección: Maruja Gutiérrez e Pedro A. López

Deseño e realización de imaxes e titere: Maruja Gutiérrez

Deseño e realización dá mesa de luz: Pedro A. López e Maruja Gutiérrez

Composición musical: Héctor E. Márquez

Técnico de iluminación e son: Héctor Ruano

Idioma: castelán

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h / venres de 10.00 h a 15.00 h

Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: desde unha hora antes do inicio do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Venda en liña: Ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión