Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público outono 2022

SEN NUMERAR é un ciclo de artes escénicas para público familiar (con 34 anos de existencia), que este outono oferta 6 espectáculos para nenos e nenas de 4 a 12 anos, de contidos, estéticas e técnicas variadas, que van desde o teatro de sombras ata un espectáculo visual acuático, pasando pola danza e o teatro físico, o teatro con música en directo e finalizando con monicreques.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/10/2022 ata o 17/12/2022

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6,00 €

Abono familiar (3 entradas para a mesma función: 15,00 €) * O abono familiar só se pode adquirir no despacho de billetes da praza de Ourense e no despacho de billetes do Fórum Metropolitano o día da función (se quedan entradas dispoñibles)

Menores de 3 anos: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

forum@coruna.es

Documentos:

Slider-TP-Outono-2022.jpg (473 KB)

7 de outubro de 2022

B - 612, de Realidad Traviesa

Duración: 45 min

Público: + 6 anos

22 de outubro de 2022

El hombre que plantaba árboles, de Teatro Gorakada

Duración: 50 min

Público: + 6 anos

12 de novembro de 2022

Cubo, de Elefante Elegante

Duración: 45 min

Público: + 4 anos

26 de novembro de 2022

Nina Ninette, de Determinada Compañía

Duración: 50 min

Público: + 4 anos

3 de decembro de 2022

Bajau, de Ponten Pie

Duración: 45 min

Público: + 4 anos

17 de decembro de 2022

Cocorico, de Katua&Galea Teatro

Duración: 55 min

Público: + 4 anos

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión