Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público Primavera 2022: Cris la pequeña valiente/ El espejo Negro

Teatro de actores e monicreques de manupulación directa. "Cris la pequeña valiente" é a historia de Cristina, unha nena que ao nacer pensaron que era un neno. Si, un neno... Ela nunca se sentiu neno. Desde sempre sentiuse nena e así llo fixo saber aos seus pais desde moi pequeniña. Dedicado a todas as persoas transxénero do mundo. PREMIO FETÉN 2021 AO MELLOR ESPECTÁCULO .PROGRAMACIÓN ESPECIAL CORUFEST 2022.

A quen vai dirixido?:

Recomendado para público familiar a partir de 6 anos.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

28/05/2022

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Cousas que debes saber antes de vir vernos:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum teñen que facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).

- Non está permitido sacar fotos durante a función.

- Polas súas características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.

Duración:

65 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €;

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Cris, que así lle gusta que a chamen, é unha nena trans, riseira e intelixente, que loita polo seu dereito para ser a persoa que é e sente. Desexa ter un futuro repleto de liberdade e oportunidades, para poder crecer e desenvolverse, como calquera outra nena da súa idade. A historia dunha nena que loita por ser quen é e ser o que sente.

Un relato cheo de superación, amor e fantasía. El Espejo Negro, a imprescindible compañía de teatro de monicreques andaluza, gañadora de dous premios Max, volve coa súa nova creación cunha impecable posta en escena que caracteriza aos malagueños, e que ten como obxecto, esta vez, facer chegar ao público, a través dos textos, a música, o baile e a luz, unha creación na que a historia e os personaxes priman sobre todo o demais.

Unha obra teatral cunha visión positiva, aínda que non carente de situacións complicadas e tristes, pero que finalmente terminará cun certeiro triunfo sobre a verdadeira identidade de xénero da pequena protagonista.

INTÉRPRETES: Cristina Jiménez, Carlos Cadros e Yolanda Val

DIRECCIÓN E AUTORÍA: Anxo Calvente

IDIOMA: Castelán

  • PREMIO FETÉN 2021 AO MELLOR ESPECTÁCULO
  • 1º PREMIO DO PÚBLICO DA 37.º MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO DE RIBADAVIA 2021
  • PREMIO ESPECIAL DO XURADO 2021 DA 38.º EDICIÓN FEIRA ARTES ESCÉNICAS PALMA 2021

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente días de función desde unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión