Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público Primavera 2022: "Tic Tac, El héroe del tiempo" /Omar Álvarez Monicreques

Cada mañá, Tic Tac, un antigo reloxo espertador, dálle corda á súa entrañable colección de reloxos en cuxo interior se atesouran e resgardan momentos felices.

A quen vai dirixido?:

Recomendado para público familiar a partir de 4 anos.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

04/06/2022

Xa rematou

Horario:

18:00 h

Cousas que debes saber antes de vir vernos:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persolas que accedan ao auditorio do Fórum teñen que facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).

- Non está permitido sacar fotos durante a función.

- Polas súas características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.

Duración:

45 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €;

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Repentinamente, verase ameazado ao recibir un tentador obsequio da ambiciosa Wifi, un modernísimo teléfono, que detrás da súa inocente aparencia, oculta intereses perigosos que complicarán a súa existencia.

"Tic Tac, el héroe del tiempo" é o novo espectáculo sen palabras do monicrequeiro Omar Álvarez, quen combina delicados monicreques creados a partir de obxectos cotiáns, con proxeccións realizadas en stop- motion (técnica de animación fotográfica, cadro por cadro), propoñendo unha romántica aventura chea de emoción, humor e poesía visual, que cativará a públicos de todas as idades.

Autoría e dirección: Omar Álvarez

Intérprete e manipulador: Omar Álvarez

Idioma: sen palabras

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente os días de función desde unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 h ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión