Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público primavera 2022

“Porque os nenos e as nenas merecen e necesitan que a arte forme parte das súas vidas; porque as artes escénicas contribúen á súa formación emocional, a desenvolver a empatía e a xerar sociedades máis xustas. Merecen poder emocionarse e gozar con contidos de calidade que lles falen da realidade da que eles e elas son partícipes. Merecen un mundo cheo de arte". (ASSITEJ España. Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud). TODO PÚBLICO é un ciclo de artes escénicas para público familiar (con 34 anos de existencia), que esta primavera oferta 7 espectáculos de contidos e técnicas variadas para nenos e nenas de 4 a 12 anos. É tamén unha oferta educativa, dirixida ao público escolar de educación infantil, primaria e secundaria, en horario lectivo.

A quen vai dirixido?:

Espectáculos para público familiar

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/02/2022 ata o 04/06/2022

Xa rematou

Horario:

18:00 h

Cousas que debes saber antes de vir vernos:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persolas que accedan ao auditorio do Fórum teñen que facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).

- Non está permitido sacar fotos durante a función.

- Polas súas características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €;

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

12 de febreiro de 2022

ÚNIKO/Teatro Paraíso

Teatro de actores e marionetas de manipulación directa

Idade recomendada: +5 anos

5 de marzo de 2022

FEIRANTES/ Teatro do Noroeste

Espectáculo teatral baseado nas narracións de Álvaro Cunqueiro.

Idade recomendada: +6 anos

2 de abril de 2022

NINGURES/Teatro Ó Cubo

Teatro físico, danza, obxectos e marionetas

Idade recomendada: + 5 anos

7 de maio de 2022

QUIXOTE /Pedras de cartón

Teatro xestual, sen palabras

Idade recomendada: +5 anos

  • Premio Barroco Infantil no XLIV Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro

21 de maio de 2022

CON LA CABEZA EN LAS NUBES/ Eugenia Manzanera

Contacontos con obxectos e cancións

Idade recomendada: +3 anos

28 de maio de 2022

CRIS LA PEQUEÑA VALIENTE/ El Espejo Negro

Teatro de actores e marionetas de manipulación directa. Dedicado a todas as persoas transxénero do mundo.

PROGRAMACIÓN ESPECIAL CORUFEST 2022

Idade recomendada: +6 anos

  • Premio Fetén 2021 ao Mellor Espectáculo
  • 1.º Premio do Públcio da 37.ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2021.
  • Premio Especial do Xurado 2021 da 38.ª Edición Feira das Artes Escénicas Palma 2021

4 de xuño de 2022

TIC TAC, EL HÉROE DEL TIEMPO/Omar Álvarez Monicreques

Marionetas de mesa, obxectos e animación stop-motion

Idade recomendada: +4 anos

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de entradas do Fórum unicamente días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión