Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: N O W

Danza contemporánea de LaSala.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/04/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Televenda:

Ticketea

Unha paréntese no tempo. Un espazo onde reflexionar sobre as expectativas creadas tempo atrás e sobre o realmente logrado.

A peza ten como punto de partida a seguinte fábula: a águia real americana é a ave que posúe a maior lonxevidade da súa especie, chega a vivir ata 70 anos. Aos 40 anos, as súas uñas curvas e flexibles non conseguen agarrar as presas das que se alimenta, o seu pico alongado e puntiagudo comeza a curvarse apuntando contra o peito perigosamente, e as súas ás, envellecidas e pesadas polas grosas plumas fan que voar sexa unha tarefa moi complicada. É entón, cando a águia ten que tomar unha decisión e só ten dúas alternativas: deixarse morrer, ou enfrontar un doloroso proceso de renovación que durará uns cento cincuenta días. Ese proceso consiste en voar cara ao alto dunha montaña e refuxiarse nun niño próximo a unha parede, onde non necesite voar. Entón, a aguia xa refuxiada comezará a golpear o seu pico contra a parede ata conseguir arrincalo. Unha vez amputado, terá que esperar a que naza un novo pico co cal, despois, terá que arrincar as súas vellas uñas. Cando as novas uñas comezan a nacer, será o momento para desprenderse das súas vellas plumas arrincándoas co seu novo pico. Despois de cinco meses moi duros, a águia real sairá vitoriosa executando o seu famoso voo de renovación e entón dispoñerá de 30 anos máis de vida.

Intérpretes: Carla Diego/Paula Parra, Sergio Moya, Raflke Van Huoplines, Jaiotz Osa, Garazi Etxaburu, Ángela Arrieta, Jean Baptiste Tolosana.

Autor e dirección: Judith Argomaniz

Venda de entradas

Despacho de billetes central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión