Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: O alemán

O Alemán é unha peza, con vocación experimental, escrita, dirixida e interpretada por Diego Anido, que orbita sobre a idea do Sacrificio a través do absurdo cotián.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/06/2021

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

Durante os 50 minutos que dura da peza mergullámonos na rutina angosta dun personaxe a partir dunha linguaxe que se nutre dunha formación multidisciplinar en artes escénicas.

No Alemán Anido parte da data de caducidade dun Yogurt para mostrarnos unha realidade deformada onde este dato aparentemente intranscendente convértese no escollo causante da acción.

"...estaba pletórico, belo e sumiso como unha Geisha. Quieto, inerte, sen medo, na bancada superior do frigorífico. En agradable compañía doutros seres: Salami, queixo Brie, salchichas Bratburst, dous filetes de beluga e unha botella de mosto tinto. Oh, que bela é a vida a 4 graos. Todo vai máis lento. Cada segundo tómase o seu tempo..."

No Alemán insístese tremendamente en resolver o dramático destino dun yogurt caducado mentres vemos florecer a patética e lamentable conduta do seu confidente e executor.

Venda de entradas

Despacho de billetes Praza de Ourense: de luns a xoves de 10 a 14 e de 15 a 18 h; vienres de 10 a 15 h

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só abre os días de función

Web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión