Concello da Coruña

Concello da Coruña

Un mundo que sofre baixo un manto de flores

Paisaxes interiores/exteriores

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/12/2020 ata o 24/01/2021

Apertura da exposición: martes, 1 de decembro ás 12.00 horas

Xa rematou

Horario:

Horario: das 12.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 21.00 h, todos os días

A NOSA ARTE NA CORENTENA

Exposicións arredor dunha pandemia

Os momentos de crise adoitan ser momentos de incerteza, de inseguridade e por iso difíciles de vivir. Pero unha das contrapartidas é que poden vir acompañados dunha maior creatividade nas diferentes artes.

Para visibilizar os novos procesos creativos xerados, convidouse a dúas comisarias, profundamente coñecedoras da realidade artística coruñesa: Ánxela Caramés e Leticia Castromil. Elas seleccionaron as/os autoras/es e obras participantes, así como a súa temática e estrutura.

A exposición ocupa as salas de exposicións municipais de Palexco e Quiosco Alfonso. Podemos ver pintura, escultura, fotografía, estampaxe, ilustración, videoproducción, instalacións... en resumo, unha visión ampla da diversidade artística da contorna coruñesa, agrupados cun único leitmotiv, a paisaxe, contemplado de forma ampla, a paisaxe exterior e interior, como obxecto da produción artística.

Un total de 128 pezas de corenta e un artistas que dan unha visión ampla dun achegamento a un motivo clásico da arte, pero cunha selección realizada nunhas circunstancias moi especiais.

O título da mostra é un haiku de Kobayashi Issa (1762-1826).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión