Concello da Coruña

Concello da Coruña

Unha Banda de Entroido

“Tempada 2022/2023” Concertos didácticos 15-17 de febreiro de 2023

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia, Para público en xeral

Cando:

18/02/2023

Xa rematou

Horario:

12.00 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Requisitos:

Pídese puntualidade

Organiza:

Banda Municipal de Música da Coruña

Contacto:

agora@coruna.gal

Documentos:

Dossier-pedagogico-BMMC.pdf (428 KB)

O presente concerto didáctico é unha magnífica maneira de coñecer unha banda de música e os instrumentos que a compoñen á vez que unha lúdica experiencia auditiva.

A coidada selección de obras pertence, fóra da abertura, ao repertorio propio deste instrumento chamado Banda tan arraigado na cultura popular galega.

Máis aló dun concerto propiamente, é unha clase organolóxica sobre os instrumentos que compoñen unha banda.

O programa iníciase cunha abertura onde a música presenta un ambiente carnavalesco da man da abertura "Entroido" de A. Dvorak.

Tras esta obra, un conto musical de Derek Bourgeois presenta as diferentes familias instrumentais da Banda dentro dunha trama argumental. Unha música programática seducirá o oínte mediante o bíblico tema do Arca de Noé que inspirou unha composición homónima ao talentoso compositor Óscar Navarro.

Da "Suite Bestiarium" escoitaremos tres movementos inspirados en tres singulares animais que concluirá esta coidada selección de obras que se narrarán e que presentará a narradora e escritora infantil Paula Carballeira para estimular unha escoita significativa.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión