Concello da Coruña

Concello da Coruña

Vendado es amor, no es ciego

Recital

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/09/2020 ata o 20/09/2020

Xa rematou

Horario:

20:00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Proximamente á venda

PROGRAMACIÓN LÍRICA DA CORUÑA 2020

Estrea en tempos modernos en España con instrumentos orixinais

O outro título lírico agora en cartel será Vendado es amor, no es ciego, unha das obras máis importantes do compositor español histórico José de Nebra, que se ofrecerá en versión de concerto os días 19 e 20 de setembro no Teatro Colón. O caso de José de Nebra é paradigmático do desprezo que España lles dedicou sempre aos seus músicos. Considerado un dos principais compositores europeos da primeira metade do século XVIII (pouco antes de que Mózart asombrase o mundo), aquí é aínda un gran descoñecido, as súas obras escasamente programadas.

Alberto Miguélez Rouco (A Coruña, 1994), un mozo contratenor e director galego, acaba agora de propiciar para o prestixioso selo Glossa a primeira gravación mundial desta absoluta obra mestra do compositor bilbilitano, con texto de José de Cañizares, estreada en 1744 e que desde entón repousaba nun inmerecido soño. Con boa parte do equipo artístico orixinal que Miguélez Rouco reuniu para esta primicia (ao que se uniron agora a mezzo Carol García e o barítono Borja Quiza), e que acaba de ver a luz nun rexistro modélico (saudado como unha das novidades discográficas recentes máis importantes da música española), a obra volverá ver a luz en tempos modernos e con instrumentos orixinais, en Galicia, coa idea de que esta interpretación sirva agora e desde aquí para pór a luz no interese desta recuperación e emprenda xustamente o voo cara aos escenarios internacionais.

Miguélez Rouco estará á fronte de Los Elementos, a agrupación internacional integrada por músicos de distintas nacionalidades, con gran presenza española, e formados na Schola Cantorum Basiliensis, o centro máis prestixioso da música barroca en Europa, que se presentará agora por primeira vez en España.

FICHA ARTÍSTICA

  • Carol García
  • Alicia Amo
  • María Lueiro
  • Amalia Montero Neira
  • Borja Quiza
  • Los Elementos
  • Alberto Miguélez Rouco, director musical

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión