Centenario Emilia Pardo Bazán

Con motivo do Centenario de Emilia Pardo Bazán o  Concello da Coruña preparou unha programación especial con mais de 40 eventos co obxectivo de poñer en valor a figura da escritora no que será o acontecemento cultural do ano na cidade.

As actividades programadas poñerán o foco especialmente en tres referencias, na literaria xa que se trata dunha escritora adiantada ao seu tempo, cunha obra de altísimo nivel e ampla temática que vai desde os contos de misterio á novela naturalista sempre cun ollo nas vangardas da época. Outra referencia será a do feminismo de Dona Emilia totalmente avanzado á súa época, ela foi a primeira muller que utilizou o termo " mujericidio" e por último, poñerase a mirada na importancia que ten na súa obra Galicia e moi especialmente a cidade da Coruña. Destacarase a vinculación da escritora coa súa cidade natal á que denominou  Marineda e na que a día de hoxe existe unha auténtica mitoloxía urbana que bebe da súa mirada.

Programación EPB

V 21

  • Conversas na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. María Xosé Porteiro.
  • Roteiros EPB Nocturnia.
  • Puntos de información con novas tecnoloxías.
  • Premios Concurso Sociedade Filatélica e Fundación Emalcsa.
  • Feira do Libro.
  • Homenaxe ás cigarreiras da Coruña.

09 21

  • 02 - Conversas na Casa de EPB. "As mulleres en Facenda". Conversa entre Imelda Capote, delegada de Facenda en Galicia e Luis LLera xornalista.
  • 10 - Estrea El Reflejo. Teatro Colón.
  • 16-17 - Los Pazos de Ulloa. TRC
  • 18-20 - Congreso Internacional "Emilia Pardo Bazán, cen anos despois" RAG
  • 22-25 - Congreso Internacional EPB no seu Centenario. Literatura e vida nos S.XIX, XX e XXI. UDC.
  • 24 - Inauguración Expo EPB: El Reto de la Modernidad (Kiosco Alfonso). Visitas guiadas escolares primaria, secundaria e FP a Expo. Concurso de relatos, audiovisual e cómic. (Educación)
  • 24-25 - La Tribuna. TRC.

10 21

  • 07 - Conversas na Casa de EPB. "A primeira muller directora da Radio galega". Conversa entre Rosa Martínez, ex-directora da Radio galega e Chus Castro xornalista.
  • 30 - Música en la Poesía de Emilia pardo Bazán. Proxecto Musical de Joaquín Pixan. Teatro Colón
  • 31 - Mi Miquiño del Alma. Teatro Colón.

11 21

  • 03-05 - EPB Gran pantalla. Teatro Colón.
  • 04 - Conversas na Casa de EPB. "O papel da muller na Sanidade". Conversa entre María de la Cámara, xefa de urxencias do CHUAC e Cristina de la Vega xornalista e escritora.
  • 18 - Inauguración Expo EPB. Sociedad Filatélica. (ate 8/12)

12 21

  • 02 - Conversas na Casa de EPB. "Toda unha vida entre o lume e o aceiro". Conversa entre Soledad Penalta, académica de Belas Artes e Noela Bao xornalista.

02 21

  • Presentación e campaña da imaxe do Centenario.

03 21

  • Convocatoria Concurso 8-M e EPB 'A Mirada Violeta de Doña Emilia'.
  • Conversas na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Inés Rey.

04 21

  • Convocatoria Concurso (Sociedade Filatélica e Fundación Emalcsa).
  • Conversas na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Marilar Aleixandre.
  • Resolución Concurso 8-M e EPB.
  • Danza e Documental 'Amparo, ó outro lado'. Teatro Colón.

05 21

  • Roteiros guiados (Mulleres Senlleiras).
  • Conversas na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Susana Seivane.
  • Xornadas Gastronómicas 'Territorio Atlántico'.
  • Actividades en Bibliotecas Municipais.

Arquivo Real Academia Galega

Biografía de Dona Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán foi unha galega extraordinaria. Persoa complexa e mesmo contraditoria, escritora de éxito nuns tempos en que se consideraba que as mulleres debían ser "anxos do fogar" e que as mulleres intelectuais eran "seres monstruosos", desafiou todos os estereotipos sociais sobre o que podían e debían facer as mulleres. Naceu na Coruña, a súa querida Marineda, en 1851, e neste ano celebramos o centenario da súa morte en Madrid o 12 de maio de 1921. Separouse do seu home, o que era moi raro na época, para dedicarse profesionalmente á escrita.

Declarouse "feminista radical" e as súas ideas adiántanse en moito ao feminismo do seu tempo. Para alén de reclamar que todos os dereitos que teñen os homes deben telos as mulleres -e non máis deberes-, de denunciar os mullericidios, palabra que lle debemos, pois antes eran chamados "crimes pasionais", foi quen de identificar as ideas e mecanismos nos que se fundamenta a discriminación. Así, afirmou que os asasinatos de mulleres se deben a que o home cre que por ser home ten dereito de vida e morte sobre a muller. Nos seus textos feministas defendeu o dereito das rapazas á educación na universidade e en secundaria, a partir dos 10 anos, o que non se acadou até 1910, sendo ela Conselleira de Instrución Pública.

Denunciou a dobre moral, tanto no sexual como na prohibición de que as mulleres fumasen e noutros aspectos da vida diaria. Exerceu libremente a súa sexualidade, así nos amores con Galdós, reflectidos en apaixonadas cartas, e creou personaxes que a exercen, gozou da vida. A mellor homenaxe (ou "mullerenaxe") é ler os seus relatos, escritos e novelas.

Marilar AleixandreReal Academia Galega

Arquivo Real Academia Galega

Centenario Emilia Pardo Bazán 2

As Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico -Centenario Dona Emilia renden homenaxe a esta fascinante muller coruñesa que destacou tamén por ser gran afeccionada á cociña e publicou dous famosos receitarios: "La cocina española antigua" e "La cocina española moderna".

20 dos mellores establecementos da Coruña únense para conmemorar o centenario do seu pasamento elaborando deliciosas propostas gastronómicas inspiradas na súa obra. Unha magnifica oportunidade para lembrar e reivindicar a súa figura a través do padal, da calidade dos nosos alimentos locais e da excelencia das nosas cociñeiras e cociñeiros.