Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de diciembre de 2019

4.650 persoas participan na 10.ª edición da Carreira Popular San Silvestre 2019

Inés Rey destacou que a San Silvestre “é unha carreira na que os e as participantes esquecen a marcas e saen a correr para gozar e despedir o ano ao grande”

Esta mañá presentouse no Pazo Municipal de María Pita a 10.ª edición da Carreira Popular San Silvestre que terá lugar o vindeiro 31 de decembro e que organiza o Club Deportivo Rialto e o Concello da Coruña. O acto de presentación contou coa participación da alcaldesa da cidade, Inés Rey, a concelleira de Turismo, Diana Cabanas, o edil de Deportes, Juan Ignacio Borrego, o organizador da Carreira Popular San Silvestre, David Barca, e varios membros representantes das entidades patrocinadoras da proba deportiva: Abanca, Coca Cola, Método Construcción, Gadis e Termaria.

Nesta edición o número de inscricións chegou ás 4.650 na categoría absoluta e ás 400 nas categorías infantís. O prezo das inscricións van desde os 5 € nas categorías infantís ata os 12 € na absoluta. A data límite para inscribirse rematou ás 23.59 h de onte, 26 de decembro. Dentro das categorías infantís atopamos as subcategorías A e B, sobre un circuíto cerrado no Parrote, que sairán desde as 16.00 h. Pola súa banda, a categoría absoluta terá un percorrido de 7.250 metros e sairá ás 17 h.

Rey asegurou na rolda de prensa aos medios de comunicación que a San Silvestre "é unha proba que xa ben de convertirse nunha tradición en multitude de cidades españolas coa que miles de persoas deciden rematar dun xeito saudable o ano" sen dúbida, dixo, "é unha das carreiras más divertidas do calendario, unha proba na que os participantes se esquecen das marcas e saen a correr para gozar e despedir neste caso o 2019 ao grande".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión