Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de marzo de 2019

A Concellería de Culturas colabora no Encontro Mundial de Humorismo, que se celebrará do 13 ao 19 de maio e terá no teatro Colón unha das súas sedes principais

As entradas para os espectáculos, que se completarán con exposicións, conferencias, cine e programación infantil, saen hoxe á venda

O Teatro Colón será escenario de boa parte das actividades do Encontro Mundial de Humorismo (EMHU), que se celebrará na cidade entre o 13 e o 19 de maio e para o que xa están á venda as entradas. O festival reunirá a humoristas do Estado e do panorama internacional en espectáculos xa coñecidos e noutros creados para o EMHU e contará tamén con programación infantil, exposicións, conferencias e proxeccións cinematográficas arredor da comedia e o humor. O Encontro Mundial de Humorismo conta coa colaboración do Concello da Coruña, a través da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, e do Consorcio de Turismo.

O primeiro avance da programación inclúe a humoristas locais como Luis Pieadrahita, que subirá a escena con Ana Morgade, Quequé e Xosé A. Touriñán no novo espectáculo Humoris Causa. Os cómicos Facu Díaz e Miguel Maldonado realizarán na cidade unha función de No te metas en política Tour no Teatro Colón. As persoas responsables do informativo satírico El Mundo Today, Kike García e Xavi Puig, celebrarán o seu décimo aniversario cun espazo de actualidade en directo. En Mariscada dos idiotas serán Javier Veiga, David Amor, David Perdomo, J. J. Vaquero e Álex Clavero os que compitan por gañar un asento nunha cea no que o xurado será o público. No ámbito internacional, o festival contará con La venganza será terrible, un espectáculo de radio en vivo chegado de Arxentina. O evento rematará coa gala Fantastic Colofón, que renderá homenaxe a figuras do humor e a comedia. Estará conducido por Marta Flich e nel participarán Joaquín Reyes e Carlos Blanco, entre outras persoas convidadas.

As entradas están xa á venda nas billeteiras do Teatro Colón e da praza de Ourense, así como a través da páxina web do evento, www.emhu.es, e nas plataformas www.ticketea.com e www.ataquilla.com.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión