Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de marzo de 2020

A Concellería de Deportes impulsa a iniciativa “En liña” para que a veciñanza faga exercicio na casa de forma telemática

Trátase dun programa de vídeos cortos que arrinca hoxe e é realizado polos monitores e monitoras das escolas deportivas municipais co fin de fomentar hábitos saudables na cidadanía

A Concellería de Deportes anuncia que hoxe arrinca unha iniciativa para fomentar na veciñanza a práctica do deporte na casa neste período de confinamento.

Os veciños e veciñas poden acceder dese hoxe a un programa de vídeos curtos "En liña" para realizar exercicios e combater o sedentarismo.

Os vídeos están feitos polos monitores/as titulados/as das nosas escolas deportivas municipais, que levan traballando días detrás desta iniciativa. Están realizados nas súas casas coa mellor calidade que ofrecen os dispositivos de cada un, pensando que mesmo ofrecemos un servizo público cos medios propios dos/as monitores/as que tamén están confinados, aínda que sigan un programa definido e coordinado por persoas licenciadas en INEF que ademais se mellora e subtitula nunha edición previa á súa publicación.

A idea é ir colgando distintos vídeos que vaian alimentando unha biblioteca permanente que vaia ampliándose paulatinamente para distintas idades, condicións, etc.

Os vídeos colgaranse no espazo web de Deportes na web municipal e preséntanse como un servizo para favorecer a vida saudable da xente na situación de confinamento do estado de alarma.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión