Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de enero de 2022

A igualdade de xénero e as relacións familiares, temas das sesións de cine en versión orixinal que oferta esta semana o Fórum Metropolitano

De xoves a sábado, as salas Marilyn Monroe e Fernando Rey acollen proxeccións das longametraxes ‘Papicha’ e ‘Ilo ilo’, cintas orixinarias de Alxeria e Singapur

O Concello da Coruña, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), dará continuidade esta semana aos ciclos de cine en versión orixinal que se levan a cabo nas salas Marilyn Monroe e Fernando Rey do Fórum Metropolitano.

Entre o xoves 20 e o sábado 22, proxectaranse as longametraxes Papicha (2019), dirixida pola cineasta Mounia Meddour, e Ilo Ilo (2013), de Anthony Chen. As cintas son orixinarias de Alxeria e Singapur, respectivamente, e serán proxectadas en versión orixinal e subtituladas ao castelán.

As sesións de Papicha están programadas xoves e venres, ás 20.00 horas, e o sábado (17.30 e 20.00 horas) na sala Marilyn Monroe. Por outra banda, as proxeccións de Ilo Ilo tamén se levarán a cabo o xoves e venres, no mesmo horario, as 20.00 horas, e o sábado (17.30 e 20.00 horas).

A compra de entradas xa está dispoñible, a través da páxina web de Ataquilla.com e tamén se habilitará nos despachos de billetes do Fórum Metropolitano, os días de proxección, desde media hora antes do inicio das mesmas. O prezo das entradas será de 3 euros para o público xeral; e de 2 euros para aquelas persoas que dispoñan de Carné Xove, sexan maiores de 65 anos ou estén desempregadas. Ademais, as sesións do espectador, programadas para os sábados ás 17.30 horas, teñen un prezo único de 1,50 euros.

Papicha, unha loita pola igualdade de xénero

O argumento de Papicha xira en torno a Nedjma, unha estudante universitaria que tenta que os acontecimientos da guerra civil que comezan a ter lugar ao seu arredor non lle impidan levar unha vida normal, saír de noite coa súa mellor amiga Wassila e vender nos baños das discotecas os vestidos feitos por ela. Mentres a sociedade vai volvéndose máis conservadora, ela decide loitar pola súa liberdade e independencia organizando coas súas amigas un desfile de moda na universidade, que desafía tódalas normas establecidas.

Ilo Ilo, un retrato do Singapur que medraba a mediados dos anos 90

O filme Ilo Ilo, inspirado na nenez do director da longametraxe, Anthony Chen, aborda a historia dos Lim, unha familia acomodada de Singapur con tres integrantes -marido, muller e fillo- que recibe a Teresa, unha muller orixinaria de Filipinas que chegou á metrópole a servir, ao igual que moitos outros compatriotas seus, na busca dunha vida mellor. 

Toda a familia ten que adaptarse á presenza de Teresa, o que altera aínda máis a súa relación, xa tensa. Porén, Teresa e Jiale, o rapaz ao que coida, pronto forman un vencello forte e afectuoso, que se vai desenvolvendo, dándolle a Jiale unha sensación de pertenencia nunha familia que se desintegra pouco a pouco. Ese vencello verase ameazado por elementos externos e internos que cambiará aos dous para siempre.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión