Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de maio de 2020

As Bibliotecas Municipais “desconfinan a lingua” na semana das Letras Galegas

Apostan polo mantemento das actividades de conmemoración do Día das Letras Galegas cunha programación para todos os públicos baseada na posta en valor da lingua galega como motor de creación.

O Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña presenta hoxe, luns 11 de maio, "Desconfinar a lingua", unha ambiciosa programación coa que conmemorar o Día das Letras Galegas.  

Nun contexto dominado polos aprazamentos e cancelacións dos principais actos desta efeméride esencial no calendario cultural, as bibliotecas da cidade lideran unha aposta polo mantemento da conmemoración do día grande da lingua galega. Baixo o lema "Desconfinar a Lingua", as bibliotecas lanzan unha chiscadela a todos os galegos para cubrir a boca neste 17 de maio coas máscaras diversas da creación en galego para elmiinar as barreiras da nosa lingua abrindo a xanela grande de todo o que ofrece o idioma.   

Xunto a esta campaña de promoción en redes sociais protagonizada polo cancelo #DesconfinarALingua, na que se convida a participar a toda a cidadanía para que cubra a súa faciana con materiais en galego (libros, cd, filmes), as persoas usuarias das BMC poderán gozar, até o próximo día 17 de maio, dun conxunto de actividades que combinan a homenaxe á figura de Carvalho Calero e a potenciación do idioma como lingua de creación.  

As escritoras María Reimóndez e Fina Casalderrey inaugurarán este conxunto de propostas dedicadas á creación en lingua galega entre as que sobresaen as actividades orientadas ao apoio de creadores emerxentes, como será a presenza do escritor novel Xan Lois nos blogues dos Clubs de Lectura, a participación de Miguel Ángel Alonso Diz no  programa " Contan que  contan" e a estrea de "Vieiros de esperanza", un documental de Antón Rodríguez sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero que terá lugar o día 15 de maio, e que completa toda unha serie de iniciativas para visibilizar ao autor ferrolán, entre as que se atopa a representación dun noticiario por parte do Club de Teatro  Lido que nos achegará á personalidade do escritor a través dun podcast. 

 "Desconfinar a  lingua" preséntase así como unha ocasión  para coñecer, usar e vivir a lingua con normalidade e sen filtros en todos os ámbitos e situacións. Unha auténtica oportunidade para recomendar e difundir toda a creación en galego, especialmente aquela contemporánea e que está máis viva.   

Unha iniciativa coa que o Servizo Municipal de Bibliotecas da Concellería de Cultura do Concello A Coruña, dentro dos seus papeis de axente democratizador e garante do acceso universal á cultura, abandeira a promoción do galego como motor de creación.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión