Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de diciembre de 2019

As emisoras de radio da Coruña únense por unha razón solidaria

Inés Rey intervén por sorpresa na 7.ª edición do programa solidario “A radio conta” no Teatro Rosalía e anuncia que o Concello habilitará un piso no que se poderán hospedar as familias que teñan parentes hospitalizados

Hoxe tivo lugar a sétima edición do programa solidario "A radio conta", de entrada libre e no que participaron ata 40 profesionais do medio radiofónico no Teatro Rosalía. Foron tres horas en directo nas que se recadaron fondos para a asociación Asanog, dirixida a mellorar o benestar dos nenos e nenas con cancro e o das súas familias.

O Concello colabora emitindo a transmisión en tempo real para quen non se poida achegar ao teatro. Pola súa banda, a alcaldesa Inés Rey sorprendeu ao público radiofónico e ao presente no Teatro Rosalía cunha intervención que non foi previamente anunciada e na que a rexedora comunicou en primicia  que o Concello habilitará na cidade un piso no que se poderán hospedar as familias que teñan parentes hospitalizados.

40 profesionais do xornalismo da Radio Galega, Radio Marca, Onda Cero, Radio Nacional, Intercoruña, Radio Coruña Cadena Ser, Radio Cope e Radio Voz colaboran e participan nesta iniciativa. Trátase dun programa conxunto que une ás emisoras da Coruña, unha homenaxe á radio local e unha chamada á solidariedade na que tamén colaboraron actores como Touriñán, Moncho Borrajo, Luis Iglesia e Marita Martínez. A música veu da man de Pablo Díaz e Brais Morán, das regueifas de Lupe Blanco e das Tanxugueiras, actuacións ordenadas segundo a escada deseñada polo guionista Óscar Cruz na que tiveron cabida as deportistas Sofía Toro e Julia Benedetti ou o deseñador Antón Lezcano.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión