Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de febreiro de 2021

Bibliotecas, casas museos, o Castelo de Santo Antón e os Museos Científicos reencontraranse mañá co seu público

A Torre de Hércules reabrirá as súas portas o luns e o Teatro Rosalía ofrecerá este sábado a obra “Pura”, da compañía Os Náufragos Teatro

Tras as novidades anunciadas pola Xunta con respecto da apertura de centros culturais e expositivos, o Concello retomará este mañá a actividade nos museos municipais, aínda que a reapertura da Torre de Hércules non terá lugar até o luns. Segundo o publicado no DOG, os grupos de visitantes terán un máximo de até catro persoas nas sesións grupais, sexan ou non conviventes, ademais do/a monitor/a ou guía. Por outra banda, estableceranse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da visita, excepto no caso das persoas que pertencen ao mesmo núcleo familiar.

Canto ás bibliotecas, arquivos, auditorios e salas de mostras tamén se verán afectadas por esta rebaixa das restricións coa condición de que todos estes espazos non poderán superar o 30% da súa capacidade máxima. Neste punto, os centros bibliotecarios da cidade, as casas museo e o Castelo de Santo Antón reencontraranse mañá co seu público en horario habitual mentres que os Museos Científicos estarán abertos tamén, pero funcionarán co sistema de reserva previa de entradas. O Kiosco Alfonso e Palexco están en proceso de montaxe das súas novas exposicións, que se inaugurarán en breve.

No caso dos teatros, o Teatro Rosalía Castro ofrecerá este sábado ás 20.00 horas a obra "Pura", da compañía Os Náufragos Teatro, e o Teatro Colón comezará en marzo a reprogramar funcións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión