Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de febreiro de 2021

Inés Rey anuncia a colocación dunha escultura dunha sardiña na praza de España para homenaxear o Entroido coruñés

A alcaldesa explicou que a peza, coa que o Concello pretende subliñar a importancia desta celebración, servirá tamén para lembrar outra das nosas festas máis emblemáticas, a de San Xoán O Entroido comeza hoxe cunha exposición de fotografías sobre o pasado e o presente desta data e co concurso virtual de disfraces In-Troido

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe que o  Concello colocará este luns na rotonda do cruzamento da rúa San Xoán coa rúa da Torre unha escultura do artista coruñés Miguel Couto para lle render unha homenaxe ao Entroido. Trátase dunha peza, unha sardiña, de tres metros de bronce que simboliza o espírito festivo da cidade. Esta iniciativa forma parte do programa de actuacións deseñado polo Concello ante a imposibilidade de celebrar a tradicional festa do Entroido debido ás medidas de seguridade marcadas pola Xunta, "É un In- Troido diferente, que polo menos nos axude a todas e todos a levalo con ánimo", explicou a rexedora.

 O lugar elixido para colocar a peza, subliñou a alcaldesa, non é casual, xa que se trata do centro neurálxico, un cruzamento de camiños, por onde desfilan as comparsas o martes de Entroido. "Unha escultura coa que queremos homenaxear a celebración do enterro da sardiña para enterrar o pasado e renacer con máis forza", dixo.

Unha peza, sinalou, dedicada á veciñanza e a todos os colectivos que traballan por manter unha festa que é patrimonio da cidade coa que tamén queremos que se lle renda homenaxe a outra das nosas grandes festas como é o San Xoán, "que ten na sardiña un dos seus símbolos máis arraigados; unha homenaxe a dúas das tradicións máis coruñesas que non puidemos celebrar e esperamos volver a facelo moi pronto", apuntou.

Rey lembrou que o Entroido comeza hoxe coa inauguración dunha exposición de fotografías e distintas pezas sobre o pasado e o presente desta celebración que os coruñeses e coruñesas poden contemplar desde hoxe no Obelisco e desde mañá no Campo da Leña, "Unha mostra que foi posible grazas ao apoio e o traballo das comparsas da cidade ás que lles quero agradecer o seu enorme esforzo por pór en valor as nosas tradicións e o noso patrimonio cultural", dixo.

E, por último, a alcaldesa animou a veciñanza a participar desde mañá no concurso de disfraces virtual In-Troido que organiza o Concello a través das redes sociais "para que todas as coruñesas e coruñeses poidan concursar desde as súas casas" e non se perda a tradición pese á situación actual de pandemia. Será desde mañá até o día 21. A veciñanza poderá participar no certame subindo fotos ás redes que deberán ser tomadas nas súas casas de xeito individual ou en familia. Un xurado composto polas persoas integrantes das comparsas valorará a orixinalidade e posta en escena nas distintas categorías.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión