Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de marzo de 2020

Nando Pereiro achega os seus “alterentes” á casa museo Casares Quiroga

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, inaugurou esta tarde a mostra “Nonaut. Galactopia”, en que o artista presenta criaturas escultóricas con rasgos humanos e alieníxenas xunto a súa obra pictórica máis recente

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, inaugurou esta tarde na casa museo Casares Quiroga a mostra "Nonaut. Galactopia", de Nando Pereiro, en que o artista pecha unha tetraloxía de exposicións que foron acollidas en varios espazos da Coruña nos últimos tres anos. O autor achega á cidade os seus "alterentes", criaturas dun espazo-tempo alén da imaxinación, materia xeolóxica transmutada en ser vivente con rasgos tanto humanos como alieníxenas ou, a miúdo, con aparencia animal, nun estilo co que rende tributo tanto a antigas civilizacións como á ciencia ficción que lle influíu desde que era neno.

Como complemento á produción escultórica, Nando Pereiro, incorpora a esta mostra unha escolma da súa obra pictórica máis recente, coa que asexa a presenza de seres híbridos humano-extraterrestres e figuras zoomórficas, retratados dun xeito fluído e heterodoxo, onde resalta a importancia do suxeito, que se revela entre o abraio e o desacougo. A mostra poderá visitarse ata o 29 de marzo, de martes a sábado, de 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 horas. Os domingos e festivos, estará aberta de 12.00 a 14.00 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión