Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de decembro de 2020

O Concello converterá o Portiño nun referente do surf internacional

O campionato nacional de surf de ondas grandes terá lugar na Coruña á volta das vacacións de Nadal A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, apuntou que “A Coruña, e en concreto a zona do Portiño, ten moitísimo potencial para realizar un certame desta envergadura” O presidente de FESURFING, Carlos García: “A Coruña converterase nun lugar tan importante como é hoxe Nazaré”

O pazo municipal de María Pita acolleu esta mañá unha rolda de prensa en que se presentou material audiovisual inédito dos adestramentos que unha expedición de surfistas profesionais realizaron a pasada fin de semana no Portiño para inspeccionaren a onda grande a onda xigante que alí teñen lugar.

Neste acto de presentación participaron a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, o vicepresidente da Federación Galega de Surf, Marcos Pita López, o xerente de Fesurfing, Lourenço Chaves de Almeida, o presidente Fesurfing, Carlos García, o propietario da escola After Surf, José Luis Díaz, e o surfista profesional Eric Rebière.

A concelleira sinalou que A Coruña acollerá o Campionato de España de Onda Grande, tamén no Portiño, á volta das vacacións de Nadal: "A Coruña, e en concreto a zona do Portiño, ten moitísimo potencial para realizar un certame desta envergadura" e cre que "é necesario para a cidade abrirlle os ollos a un deporte que existe noutras partes do mundo que ofrecen condicións similares ás do Portiño, como é o caso de Nazaré, o epicentro do surf de ondas grandes, ou o Illa Pancha Challenge de Ribadeo".

Doutra banda, Éric Rebière falou da importancia das tres ondas do Portiño e da súa calidade que "farán que grandes profesionais do surf veñan á A Coruña" e explicou o enorme potencial das tres ondas que se dan nesta zona da costa coruñesa que están aínda pouco exploradas.

Pola súa banda, o presidente da Federación Española de Vela, Carlos García, asegurou que "A Coruña se converterá nun lugar tan imporante como é hoxe Nazaré" e agradeceulle o Concello a súa implicación e colaboración na organización do campionato.

O vicepresidente da Federación Galega de Vela, Marcos Marcos Pita López, tamén tivo palabras de agradecemento para Éric Rebière polo os seu empeño en que A Coruña acollera unha proba tan importante. Ademais,, destacou a gran acollida e o apoio que tivo por parte do Concello a iniciativa. O vicepresidente pediulles unha maior implicación a todas as administracións na promoción do surf. "A Coruña súmase aos grandes eventos do surf e terá o protagonismo que se merece", rematou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión