Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

27 de decembro de 2019

O Concello e a Deputación asinan un convenio para cofinanciaren a programación cultural da cidade

Inés Rey agradeceu a colaboración leal da Deputación da Coruña e do seu presidente e a achega de 91.245 euros para cofinanciar as actividades culturais do Concello da Coruña en 2019

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para asinar na sede da institución provincial o convenio co que a Deputación cofinancia a programación cultural do Concello da Coruña do 2019.

A Deputación provincial achega 91.245 euros, que supoñen o 80% do orzamento total da programación de actividades culturais e financia actividades como a V Edición do Festival Coruña Gráfica en cómic e ilustración e que este ano estivo centrado na medicina gráfica; a exposición da Fundación Luís Seoane sobre a obra de Víctor Moscoso, figura do pop-art americano nado en Oleiros no ano 1936; e os traballos previos da exposición conmemorativa dos 200 anos do Trienio Liberal, impulsada polo Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, que se desenvolverá en 2020.

Inés Rey agradeceu a "colaboración leal da Deputación da Coruña e do seu presidente, xa que sempre están coa man tendida en todos os ámbitos da acción de Goberno" e destacou "a aposta clara dos gobernos socialistas pola cultura".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión