Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2022

O Concello fomenta a práctica dos deportes náuticos entre a mocidade coruñesa co novo programa escolar ‘O Atlántico parte de ti’

Case 700 rapazas e rapaces de 11 centros educativos participarán neste proxecto, impulsado polas concellarías de Deportes e Educación en colaboración con catro clubes náuticos da cidade

O Concello da Coruña, a través das concellarías de Deportes e Educación, promoverá desde a vindeira semana un novo proxecto orientado á práctica dos deportes náuticos entre os escolares da cidade, 'O Atlántico parte de ti'.

O programa, presentado este venres pola concelleira de Deportes, Mónica Martínez, e o concelleiro de Educación, Jesús Celemín, está ideado para achegar ao mundo da vela ás rapazas e rapaces que cursan quinto e sexto ano de Educación Primaria. En total, uns 700 escolares de 11 centros educativos da cidade tomarán partido nas actividades previstas, que se levarán a cabo entre catro clubes coruñeses que colaboran con este proxecto: Real Club Náutico da Coruña, Mariña Coruña, Club Marítimo de Oza, e o Playa de Oza, ademais da Federación Galega de Vela.

Durante as sesións, os escolares coruñeses participantes poderán adquirir as técnicas básicas da vela, e tamén poderán coñecer, comprender e respectar as normas de seguridade e protección para o desenvolvemento de deportes acuáticos. Neste sentido, o programa 'O Atlántico parte de ti' comezará con bautismos de mar para, xa a vindeira tempada, dar un paso máis coas escolas de vela.

A iniciativa, que remarca a aposta do Goberno de Inés Rey para fomentar os hábitos saludables e a actividade física entre a cidadanía, plantéxase tamén como unha oportunidade para que as novas xeracións comecen a familiarizarse cos deportes acuáticos para potenciar un escenario como o bordo litoral da Coruña. "É unha instalación natural inmellorable, un pavillón azul ao aire libre que nos ensina a coñecer e a respectar o mar como unha fonte de riqueza, mais tamén como un lugar de pracer, diversión e actividade física. Agardamos que as rapazas e rapaces gocen deste programa, descubran a vela, o mar e, quen sabe, se de aquí sairán futuros regatistas", determinou a concelleira de Deportes, Mónica Martínez.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión