Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de decembro de 2019

O Concello recoñece os éxitos do patinador coruñés Unai Cereijo cunha recepción oficial

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, recibiron ao deportista, que veu acompañado da súa adestradora e dos seus pais no Pazo de María Pita, e fixéronlle entrega dunha figura da Torre de Hércules

Esta tarde tivo lugar no Pazo Municipal de María Pita a recepción oficial ao deportista coruñés Unai Cereijo, de 12 anos de idade, triple campión de España de Patinaxe Artístico (dous anos na categoría alevín e este ano na categoría infantil) e campión da Copa de Europa na categoría infantil celebrada no mes de setembro deste ano en Roana, Italia.

O xoven patinador foi recibido no Concello pola alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego. Cereijo veu acompañado da súa adestradora e tía, quen tamén é presidenta do Club de Patinaxe Artística Maxia Raquel Camacho ao que pertence Unai, e dos seus país.

Rey amosou a súa admiración por Unai: "Quero que saibas que esa paixón que xa se nota nos teus ollos é a que convence aos xuíces á hora de darche puntuación. En nome do Concello que estamos contigo e queremos darche as grazas por situar A Coruña no mapa porque es o noso campión de Europa e de España e sabemos que ese don que tes seguirá medrando co tempo para conquistar títulos e corazóns nas seguintes categorías" e felicitouno "por ser tan firme dentro e fóra da pista, por traballar cada día para tratar de mellorar, por expresar co corpo as emocións e por poñelas a bailar".

A alcaldesa entregoulle ao deportista unha Torre de Hércules en cerámica de Sargadelos dedicada como recoñecemento do Concello da Coruña ao seu gran labor no Patinaxe Artístico.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión