Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de decembro de 2020

O concurso fotográfico do Calendario Municipal 2021 “bateu o récord de participación” dos últimos anos

Esta mañá celebrouse no Salón de Plenos do pazo de María Pita o acto de entrega de premios deste certame, en que participaron a alcaldesa da cidade, Inés Rey, representantes de distintas forzas políticas e os fotoxornalistas César Quián e Víctor Echave

Esta mañá celebrouse no Salón de Plenos do pazo municipal de María Pita o acto de entrega de premios do concurso fotográfico do Calendario municipal do Concello da Coruña 2021. A alcaldesa, Inés Rey, representantes de distintas forzas políticas e os fotoxornalistas César Quián e Víctor Echave obsequiaron a cada persoa gañadora con dous libros de fotografía profesional, dous abonos anuais para visitar de balde os museos científicos da cidade e 25 exemplares do almanaque municipal coa súa fotografía galardoada.

Rey destacou a alta participación no certame, "esta edición bateu o récord dos últimos anos en candidaturas", e agradeceulles a todas e todos os participantes "a súa implicación e a calidade nos traballos presentados" e aos membros do xurado "porque cada ano realizamos esta deliberación con moito afán e ilusión".

A alcaldesa aludiu á beleza da Coruña como "unha cidade moi fotografiable: as nosas galerías, a Torre de Hércules, o mar, o noso patrimonio cultural, o noso verde, a chuvia e a néboa... Todas e todos vós sabedes mellor que ninguén retratar dun xeito especial os encantos que esconde a nosa península para que desde o Concello os poidamos compartir con toda a veciñanza".

As e os gañadores desta edición do certame que acudiron ao acto de entrega de premios foron: Ana Ruiz Amigo, Susana Álvarez Castelo (en representación de Jonathan Rodríguez López), Tomás Rodríguez Novoa, Lourdes Cancela Matellano, Iván Ponte Longueira, Francisco Morales Rey, José Ramón Sandá Lorenzo, Ramón Fábregas Casal (en representación de Mª Dolores Fernández Couto), Sebastián Soto Rabina Daniel Muñiz Torres, Manuel Paredes González, David García Gondell (en representación de José Luis García Mendoza) e Jesús Rama Cabeza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión