Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de maio de 2020

O despacho de billetes da praza de Ourense abre este luns para devolver o importe das entradas dos eventos cancelados ou suspendidos

Até o 30 de xuño, poderase reclamar o custo das localidades que se adquiriron fisicamente nos puntos de venda do IMCE

O concello reabrirá o luns o despacho de billetes da praza de Ourense co fin de axilizar o proceso de devolución do importe das entradas físicas para os eventos que foron cancelados ou aprazados pola crise sanitaria causada pola COVID-19. Polo de agora, poderanse solicitar os cartos das localidades que se adquiriron nos despachos de billetes do IMCE (os da praza de Ourense, Teatro Colón, Fórum Metropolitano, Coliséum e Centro Ágora) para os espectáculos suspendidos de Abraham Cupeiro (22 de marzo), Acróbata Arlequín (29 de marzo), Festival de Cabaret (do 25 ao 28 de marzo), Quique González (30 de abril) e "West Side Story" (do 16 ao 19 de abril), previstos no teatro Colón; Chayanne (26 de abril) e Mika (30 de xullo), do Coliséum; e Traces (3 de abril), do Teatro Rosalía Castro.

Tamén se poderá reclamar o diñeiro dos tíckets para as citas aprazadas: "Unha noite na praia" (13 e 15 de marzo) e Óscar Rosende (29 de maio) no Teatro Colón; "Luna" (15 de marzo), no Centro Ágora; Ara Malikian (28 de marzo) e Loquillo (15 de maio) no Coliséum; e para o Encontro Mundial do Humorismo-EMHU (do 2 ao 10 de marzo), en diversos recintos. O prazo para pedir a devolución é desde este luns até o 30 de xuño e esta realizarase a través do mesmo método de pago en que se compraron as entradas no seu día, ben en efectivo ou ben na tarxeta. As persoas interesadas deberán levar consigo os pases físicos e o documento bancario, en caso de que as mercasen con el. Do 1 ao 30 de xuño, poderase esixir tamén o importe das localidades do Festival Intercentros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión