Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

17 de febreiro de 2020

O Festival Galego de Cabaré volve á cidade con catro espectáculos que mesturan teatro, danza e música cun chisco de provocación

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, e o coordinador do festival, Nelson Quinteiro, presentaron esta mañá en María Pita un programa de marcado carácter multidisciplinar

O próximo 25 de marzo arrincará no Teatro Colón a undécima edición do Festival Galego de Cabaré que, con catro espectáculos que mesturarán o teatro, a danza, a música e o circo, converterá a cidade na capital dun xénero que abraza distintas formas de expresión baixo a mesma creación escénica.

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, mostrou a súa satisfacción polo regreso do festival á cidade tras uns anos de ausencia cun programa "irreverente, satírico e onde a música, o baile, o humor, a maquillaxe e o vestiario se unen nun espectáculo de gran forza, onde o cabaré é cabaré e nada máis".

O coordinador do festival, Nelson Quinteiro, agradeceulle ao concello o apoio que lle prestou ao festival que chega da man de máis dun centenar de artistas procedentes de distintas disciplinas, pero todas enlazadas polo mesmo fío condutor de "aleivosía, nocturnidade e un pouco de provocación e perversión". Quinteiro mostrouse moi satisfeito de que A Coruña recupere un festival "único destas características en todo o país ao integrar diferentes formas de expresión" e que serve para "poñer a cidade herculina no mapa das e dos comediantes de cabaré do século XXI".

Destacou o intenso labor realizado para facer realidade un programa que cualificou "do mellor dos mellores desde o seu nacemento". Un festival, apuntou, actual, contemporáneo, acorde cos tempos e coas diferentes vertentes que o cabaré adoptou nos diferentes anos.

O pistoletazo de saída darao o mércores 25 de marzo a compañía El Burlesco Malandrín con "Cabaresque", un espectáculo que mestura o cabaré, o burlesque, o show de variedades do xénero da revista española con toques de jazz, tango e un chisco de "canallismo". Un show en pequeno formato que recreará un cabaré dentro da caixa para unha capacidade reducida de 70 espectadoras/es que terán un rol protagonista nos xogos de improvisación das actrices e dos actores.

O programa inclúe o xoves 26 unha homenaxe a Pía Tedesco con "Life is a cabaret", unha adaptación de diversos espectáculos da compañía de Nelson Quinteiro a través de pezas interpretadas pola artista arxentina. Tedesco, todo un referente no café-cabaré, é considerada unha das grandes estrelas do xénero na actualidade. Do seu talento, lembrou Quinteiro, xurdiron propostas tan interesantes como o Festival "Cabaret Flotante" no lago do Retiro da Casa de Campo de Madrid ou o Festival Iberoamericando de Cabaré FICE 2015.

O venres 27 será a quenda de "Paseando o swing" da man da Swing Machine Orchestra, unha oferta xenuína a cargo dunha banda de doce músicos de corda e bailaríns de distintas procedencias que realizarán un percorrido pola época dourada do swing.

O festival baixará o pano o día 28 coa gala "Femme fatale" na que todo o protagonismo xirará ao redor da vertente feminina do cabaré. Para Quinteiro, no século XXI non se pode facer cabaré sen ter en conta o empoderamento da muller. Música, actuacións aéreas, humor, maxia, danza e moito, moito burlesque poderase ver nesta gala que recolle o espírito das primeiras galas polas que pasaron preto de 500 artistas.

O programa incluirá dúas master class sobre creación de personaxes, linguaxe corporal e de como poñer en marcha espectáculos de sedución burlesque, que serán impartidos polas/os artistas e dos que se informará a través da redes sociais.

As entradas, cun prezo a partir de 10 euros, xa están á venda no Teatro Colón: http://www.teatrocolon.es/entradas/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión