Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2020

O Goberno local solicitará a concesión do vello varadoiro de Oza para crear unha base náutica municipal

O proxecto, que respectará o uso público das praias e areais e velará pola protección do medio ambiente na zona afectada, terá unha duración máxima legal de 75 anos e un uso exclusivo de práctica de deportes náuticos. Segundo o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, trátase “dun proxecto que quedou esquecido nos últimos anos e que hai uns meses foi impulsado pola nosa alcaldesa coa inauguración do novo pantalán”.

A Xunta de Goberno Local acordou solicitar ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través da Demarcación de Costas en Galicia, a ocupación temporal mediante a concesión dunha superficie total de 6.410 m² de dominio público marítimo-terrestre na chaira antigamente coñecida como "Varaderos Valiña". A concesión deste terreo, cunha duración máxima legal de 75 anos, para construír unha base náutica municipal, daralle continuidade ao proxecto iniciado hai catro anos e cuxo fin será exclusivamente practicar deportes náuticos, especialmente deportes federados, e deberá realizarse sen ánimo de lucro.

Segundo o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, trátase "dun proxecto que quedou esquecido nos últimos anos e que hai uns meses foi impulsado pola nosa alcaldesa coa inauguración do novo pantalán".

A explotación desta concesión realizarase de acordo cos requisitos esixidos na normativa vixente, Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no seu regulamento de desenvolvemento. Respectará o uso público das praias e areais e velará pola protección do medio ambiente na zona afectada.

Esta solicitude alcanza tanto o dominio público como as instalacións e estruturas localizadas alí. O Concello da Coruña, a través da Concellería de Deportes, asumirá os gastos de mantemento e a conservación tanto da zona afectada como das estruturas e instalacións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión