Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de diciembre de 2020

Programación infantil especial para o Nadal 2020

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organizou unha programación infantil para o Nadal 2020 adaptada ao formato virtual.

Unha morea de actividades para xuntármonos arredor da lingua, a música e a cultura que nos axudan nestes días incertos e monótonos. Unha programación de Nadal divertida, didáctica e, sobre todo, segura.

Xuntamos as bandas, músicas/os, actrices e actores, contacontos, inventoras, técnicas/os de son, escritoras/es para poder gravar concertos, obradoiros, contacontos e actuacións dos vosos artistas favoritos para que poidades desfrutalas na casa, con toda a seguridade e comodidade, nestes vindeiros días de vacacións.

Desde mañá, en que subiremos a este espazo a primeira delas, iremos publicando as actuacións de, entre outros, Xoán Curiel e a Banda do Verán, Mamá Cabra, Chuches Amil, Lydia Botana, Cris de Caldas, A Xanela do Maxín ou Pablo Díaz.

Teredes todo o Nadal para ver estas actuacións gravadas unha e outra vez mentres se volve á normalidade.

Seguídenos tamén nas nosas redes sociais, Facebook e Instagram, onde continuaremos compartindo contidos, axenda, recomendacións de libros, curiosidades.

Desexamos que teñades unhas boas festas, con moito sentidiño e un cambio a un ano novo venturoso e cheo de saúde e proxectos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión